O GOBERNO LOCAL A EXAME
O BNG preguntará no vindeiro pleno pola xestión feita da Concellalía de Xuventude
O BNG preguntará pola promoción económica local nesta lexislatura (26.04.10)

infobloque-vilaboa.com | 24/05/10 | (0) |
|
A voceira municipal do BNG, Ornela Fernández Salgado, ven de anunciar que o seu grupo vai presentar unha pregunta para que no pleno do mes de maio, o vindeiro mércores 26, a Concellería de Mocidade de Vilaboa dea conta da xestión feita nesta lexislatura, e para que expoña cales son os proxectos e iniciativas a levar a cabo no que resta de mandato.
A voceira nacionalista adiantou que no escrito presentado demándase información sobre a xestión feita nestes tres anos, que porcentaxe orzamentario se adicou a esta area, que plans ou subvencións se solicitaron e que iniciativas teñen previsto levar a cabo no que queda de lexislatura.
“Desde que comezou a lexislatura as únicas xestión feitas nesta area foi a celebración dunha xornada do Centro Quérote e a destinada a que Vilaboa fose incluída nas liñas do NoiteBús, e iso sempre a raíz de que o BNG presentara unha moción”, declarou Fernández Salgado.
comenta esta noticia |
 |
|
NOTICIAS RELACIONADAS
|