O CAMIÑO VIRTUAL DE GOOGLE POLA AUTOESTRADA NON É O ÚNICO FIASCO
A web do Xacobeo tira a Vilaboa do mapa do Camiño Portugués
nfobloque-vilaboa.com, 25/11/09. Vilaboa non existe para a Sociedade de Xestión do Xacobeo según se pode observar na súa web oficial. No mapa no que figuran de cor verde os concellos polos que pasa o Camiño Portugués, non figura o noso concello. O portal informativo que non destaca precisamente nin pola cantidade nin pola calidade da información que ofrece aos visitantes, tampouco nomea nin de pasada o nome de Vilaboa.
Este é un fiasco máis dentro da promoción cultural e turística do novo goberno galego, despois de que publicitaran como algo extraordinario, o nunca visto, a recreación virtual do Camiño Francés a través da aplicación de GoogleMaps, cando en realidade o que fotografiou foron as autovías e estradas que hai ás beiras do camiño.
Tomás Boullosa, concelleiro delegado de Cultura e Deportes do grupo municial do BNG, presentará este mércores ao Pleno Municipal unha pregunta oral dirixida ao goberno municipal para coñecer se este ten costancia deste feito e requerindo que se xestione ante a Sociedade de Xestión do Xacobeo a inclusión de Vilaboa no mapa.


comenta esta noticia

       |
|
AXENDA |
Web oficial do Xacobeo 2010
NOTICIAS RELACIONADAS
|