Edita: Consello Local BNG de Vilaboa
 
INFORMACIÓN MUNICIPAL
Voceiro Dixital do Bloque Nacionalista Galego de Vilaboa

A WEB OFICIAL DO XACOBEO SEGUE AGACHANDO A VILABOA
Salgado demanda melloras no "Camiño Portugués" ao seu paso por Vilaboa

A web do Xacobeo tira a Vilaboa do mapa do Camiño Portugués (25/11/09)

infobloque-vilaboa.com | 16/01/10 | (0)

O mal estado no que se atopa o trazado do "Camiño Xacobeo Portugués" ao seu paso por Vilaboa foi denunciado hoxe pola voceira municipal do BNG Ornela Fernández Salgado. Demandou que se faga unha actuación semellante á que se levou a cabo nos tramos inmediatamente anteriores que transcurren polas parroquias pontevedresas da Ponte Sampaio e A Canicouva.

"Dado que somos conscientes de que as arcas municipais non poden asumir esta inversión o que pedimos é que o goberno municipal xestione ante a Xunta e a Sociedade Anónima de Xestión do Xacobeo unhas melloras necesarias para uns viais que presentan un estado desalentador nas parroquias de Figueirido e Bértola", demandou Salgado.

Por outra banda tamén mostrou a súa indignación porque a día de hoxe a páxina web oficial do Xacobeo, no que se refere ao Camiño Portugués, Vilaboa segue desaparecida. Na terceira etapa, de Redondela a Pontevedra, das seis na que divide o trazado entre Tui e Santiago nomea Redondela, Setefontes, Arcade, Ponte Sampaio, A Canicouva e salta directamente a Pontevedra sen mencionar para nada a Vilaboa. Así mesmo a web publica diferentes imaxes dos entornos do camiño e webs municipais volvendo a esquecerse de Vilaboa.

Recordou Salgado que no Pleno do pasado mes de novembro o BNG xa advertira ao goberno municipal de que a anterior web do Xacobeo non mencionaba ao noso concello, pedindo que se tomaran as medidas oportunas para solucionar esta situación. "Dous meses despois é evidente que a cousa, lonxe de mellorar empeorou, xa que a exclusión de Vilaboa aínda é mais notable. Demandaremos do goberno municipal cales foron as xestións que realizaron, xa que para nós esta non é unha cuestión menor, xa que se está xogando cos ingresos dos que no noso Concello se adican ao turismo."

CAPTURAS DA WEB OFICIAL DO XACOBEO

comenta esta noticia
 
Nome
Correo-e
Comentario

Debes cumprimetar tódolos campos. O correo electónico non se mostrará. O BNG de Vilaboa non se fai responsable do contido dos comentarios. Non se publicarán os comentarios ofensivos ou que sexan sospeitosos de non respetar a legalidade vixente.

 

Recebe no teu correo-e as novidades da Web

correo-e

Tamén podes receber gratuitamente as novidades no teu móbil enviando unha mensaxe coa palabra ALTA ao 650784558. (coste da mensaxe, según tarefas operadores). Para darte de baixa no servizo envía unha mensaxe coa palabra BAIXA.

Privacidade: O tratamento dos datos persoais está axustado á normativa establecida na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal (BOE 14/12/1999), e normativa de desenvolvemento.

AXENDA

 

NOTICIAS RELACIONADAS

 

 

 

Inicio | Nós| Escríbenos| © BNG Vilaboa 2007-2009. Autorízase a reproducción dos artigos (excepto os de opinión) sempre que se cite a fonte.