MOITOS VECIÑOS NON SE DECATARON DA FALLA DE ENVÍO DAS CARTAS
O BNG demanda que se prorrogue un mes máis o pagamento da "viñeta"

infobloque-vilaboa.com | 31/05/10 | (0) |
|
A voceira nacionalista, Ornela Fdez. Salgado, ven de anunciar que o seu grupo presentou un escrito para que o concello prorrogue un mes máis o prazo para poder pagar o Imposto de Circulación de Vehículos de Tracción Mécanica (ICVTM).
O BNG presentou este escrito porque hoxe, luns 31 de maio, remata o prazo oficial para pagar o imposto, pero a unha gran parte dos veciños e veciñas de Vilaboa, os cales trasmitiron as súas queixas, non lles chegou por correo a viñeta, polo que, segundo o BNG, vai haber moitos problemas cos retrasos e, por tanto, cos recargos cos que ese número de veciños se van a atopar. “ O Concello debería prorrogar o prazo, xa que moita xente enterouse tarde ou ainda se está enterando, e non saben que é de igual obriga o pago, polo que moitos van pagar fóra de prazo e van ter que pagar o recargo. Ademais, os veciños e veciñas non teñen porque pagar o descontrol no envío das cartas e, por tanto deberíaselle compensar ese problema co aumento de prazo”, afirmou Fdez. Salgado.
comenta esta noticia |
 |
|
NOTICIAS RELACIONADAS
|