Recebe no teu correo-e as novidades da política municipal de Vilaboa
Tamén podes receber gratuitamente as novidades no teu móbil enviando unha mensaxe coa palabra ALTA ao 650784558. (coste da mensaxe, según tarefas operadores). Para darte de baixa no servizo envía unha mensaxe coa palabra BAIXA.
Privacidade: O tratamento dos datos persoais está axustado á normativa estabelecida na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal (BOE 14/12/1999), e normativa de desenvolvemento.
A pouco de cumprírese o primeiro ano da nova lexislatura, Vilaboa segue sumida nunha parálise política e institucional
(infobloque-vilaboa.com 20/05/08) A poucos días de cumprírese o primeiro ano de lexislatura, as cousas pouco ou nada cambiaron respecto da anterior. O equipo de goberno en minoría do PSOE, amparados según eles polos votos "do pueblo" que recibiron nas eleicións, outorgáronse a licenza e o luxo de sumir a este concello na máis absoluta parálise institucional, sen que lles preocupe o máis mínimo. Transcurrido case medio ano do presente 2008, acaban de entregar un borrador de presupostos para o ano 2008 aos restantes partidos políticos sen antes haber negociado absolutamente nada, tendo en conta que non teñen a maioría suficiente para a súa aprobación.
Os proxectos importantes para Vilaboa seguen no mesmo punto que hai cinco anos cando o sr. Poceiro accedeu á alcaldía. O PXOM que o PSOE se comprometeu sacar adiante no primeiro ano desta lexislatura apenas avanzou, demostrando o pouco interese do goberno de Vilaboa por darlle a Vilaboa seguridade xurídica ao urbanismo, onde se está a construir urbanizacións na alegalidade máis absoluta.
A reforma da N554, é outro dos grandes fracasos da xestión de Luis Poceiro. Agotado xa o derradeiro plazo dado polo alcalde para a presentación aos partidos políticos e colectivos veciñais do reformado do proxecto onde afirmara que se recollerían o 90% das alegacións feitas, continuamos sofrindo acotío o lamentable estado da estrada. Nesta obra empeñara a súa palabra confiando nos seus compañeiros de partido, en concreto no deputado Antón Louro, nunha resolución satisfactoria para os veciños de Vilaboa. Antón Louro xa deixou ben claro en declaracións feitas aos medios, que os intereses dos veciños de Vilaboa lle importan pouco. El está máis polo labor de solucionar o escandaloso prezo de peaxe entre Vigo e Pontedra desviando o tráfico polas nosas parroquias.
A falla dun proxecto político e un goberno estable están deixando a Vilaboa no vagón de cola do tren do progreso. A pesares da situación xeográfica estratéxica do noso concello situado entre dúas das principais cidades do sur de Galiza, entre dous dos portos marítimos máis importantes do estado, como é o de Vigo e o de Marín, a pesares de ter un aeroporto tan preto, de contar cun grande espacio natural dentro da Rede Natura, os presupostos previstos para este ano destinan para inversións en infraestucturas o doble do que destinan a pagar facturas telefónicas ou de combustible dos coches do concello.
Mentres tanto o polígono industrial, o desenrolo de núcleso urbáns, a posta en valor das excepcionais paraxes que ten Vilaboa, terán que esperar a que este goberno cambie "o chip"da política do metro cúbico de formigón diante do portal do veciño polo de aproveitar as enormes potencialidades deste concello.
comentarios recibidos (1)
1. Enviado por: estelb, 2008-05-08 12:29:32 PDT
Está claro que non hai progreso. NON SE FAI NADA
pero creo que a xente, ós veciños de Vilaboa, parece non importarlle, ou polo menos a eses votantes do PSOE.