Edita: Consello Local BNG de Vilaboa
 
INFORMACIÓN MUNICIPAL
Voceiro Dixital do Bloque Nacionalista Galego de Vilaboa

DEMANDA ADEMAIS DESCULPAS POLO TRATAMENTO DADO A PAREDES NA GUÍA "VÍAS ATLÁNTICAS"
O BNG pide a Deputación que faga réplicas dos miliarios de Vilaboa para expoñelos no noso Concello

infobloque-vilaboa.com, 22/07/09. Mediante a presentación dunha moción para o seu debate no vindeiro pleno municipal do próximo mércores 29, Ornela Fdez. Salgado, voceira do BNG solicitará o apoio das demáis forzas políticas para soliciar a Deputación a realización dunhas réplicas dos miliarios atopados en Vilaboa.

 

A vía romana a Bracara Asturicam por Lugo, a vía XIX do Itinerario Antonino percorre as parroquias de Vilaboa, Figueirido e Bértola. En concreto, existen tres miliarios que foron atopados no lugar de Paredes, parroquia de Vilaboa, e un cuarto que foi atopado nun lugar indeterminado do noso municipio.

A Deputación de Pontevedra realizou nos últimos anos o proxecto Vías atlánticas para a posta en valor deste primitivo camiño romano. A respecto do noso concello, a Deputación tomou algunhas decisións que o BNG de Vilaboa non comparte e é necesario corrixir. Na guía editada dise de xeito literal: “Desde este punto, la Vía Romana XIX continuaría en dirección recta hacia Paredes. Unos dos km. más adelante nos incorporaremos de nuevo a la N-550. No obstante, en este punto, encontramos una señal de tipo B que propone continuar por una ruta alternativa, dirigiéndonos en dirección hacia A Canicouva-Vilar. Se ha elegido este trazado alternativo por razones de seguridad (la vía Romana atravesaría las actuales carretera N-550 y la vía del ferrocarril, y por razones paisajísticas (este trazado alternativo es más atractivo para el senderista). Pois ben, as razóns elixidas para desviar a rota de Paredes non parecen de moito peso xa que significan desvirtuar a realidade histórica da vía romana que percorría a depresión meridiana sen desviarse dela. As razóns de seguridade esgrimidas non son suficientes posto que por eses lugares andan os veciños e veciñas de Paredes sen que se teña detectado ningunha maior incidencia de accidentes de tránsito peonís e, ademais, de ser necesario, corríxense cos elementos de seguridade vial que sexan precisos, coma beirarrúas  e outros. As razóns paisaxísticas, tal e como di na guía, non precisa maior comentario por ser unha apreciación subxectiva dificilmente mensurable.

Por outra banda, en Paredes atopáronse tres miliarios da vía romana XIX e un cuarto foi atopado tamén nos lindes do noso concello, hoxe custodiados no Museo de Pontevedra. A fin de crear un lugar de interese didáctico e turístico máis no noso concello, o BNG propón ubicar réplicas destes miliarios no lugar da Canteira, en Paredes, coa reproducción do que sería a antiga vía romana e os miliarios, con sinais indicativos suficientes e paneis explicativos do que a vía era.

Por todo isto o BNG solicitará; primeiro: Demandar da Deputación de Pontevedra desculpas oficiais polo tratamento dado ao lugar de Paredes na guía Vías Atlánticas e a corrección de sucesivas edicións da guía a fin de respectar o trazado orixinal da vía romana XIX. Segundo: Solicitar á Deputación de Pontevedra o investimento necesario para adecuar ás condicións de seguridade vial o tramo da vía romana XIX que percorre Paredes, se se considera necesario. Terceiro: Solicitar da Deputación de Pontevedra para que a través da Escola de Canteiros se realicen réplicas dos miliarios atopados no noso concello e a realización dunha replica da vella vía romana no lugar da Canteira en Paredes.

  

comentarios recibidos (1)

1. Enviado por: Pichu, 2009-07-23 02:49:21 PDT

No Faro de hoxe, a Deputación insiste na discriminación que denunciades. Di que o fixeron está ben feito. A ver que fai o PP de Vilaboa.

comenta esta noticia

Nome
Correo-e
Comentario

Debes cumprimetar tódolos campos. O correo electónico non se mostrará. O BNG de Vilaboa non se fai responsable do contido dos comentarios. Non se publicarán os comentarios ofensivos ou que sexan sospeitosos de non respetar a legalidade vixente.

 

Recebe no teu correo-e as novidades da Web

correo-e

Tamén podes receber gratuitamente as novidades no teu móbil enviando unha mensaxe coa palabra ALTA ao 650784558. (coste da mensaxe, según tarefas operadores). Para darte de baixa no servizo envía unha mensaxe coa palabra BAIXA.

Privacidade: O tratamento dos datos persoais está axustado á normativa establecida na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal (BOE 14/12/1999), e normativa de desenvolvemento.

AXENDA

 

Moción

NOTICIAS RELACIONADAS

Inicio | Nós| Escríbenos| © BNG Vilaboa 2007-2009. Autorízase a reproducción dos artigos (excepto os de opinión) sempre que se cite a fonte.