voltar á páxina principal

Mocións presentadas polo BNGDocumentos elaborados polo BNGDescarga de arquivosConvocatoria de subvencións, axudas,...Entra a formar parte da militancia do BNG de Vilaboa


Se ves a páxina con erros usa o navegador Firefox

 

Recebe no teu correo-e as novidades da política municipal de Vilaboa

correo-e

Tamén podes receber gratuitamente as novidades no teu móbil enviando unha mensaxe coa palabra ALTA ao 650784558. (coste da mensaxe, según tarefas operadores). Para darte de baixa no servizo envía unha mensaxe coa palabra BAIXA.

Privacidade: O tratamento dos datos persoais está axustado á normativa establecida na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal (BOE 14/12/1999), e normativa de desenvolvemento.

 

 

 

TAMÉN ENVIOU UN ESCRITO A DELEGACIÓN DA CONSELLERÍA DE INDUSTRIA PARA QUE SE INTERESE POLO ASUNTO

O BNG leva ao Congreso o deficiente servizo telefónico nos barrios de Postemirón e A Graña

(infobloque-vilaboa.com 11/12/08) A falla de solución aos problemas no servizo de telecomunicións nos barrios de Postemirón e A Graña dou pé para que o BNG de Vilaboa, a través da súa deputada Olaia Fernández Davila, pregunte ao Ministerio de Industria polos retrasos na adaptación das liñas tefefónicas aos servizos dixitais actuais.

Estes dous barrios do concello de Vilaboa carecen dun servizo de telecomunicacións adecuado a pesar de estar a menos de cinco km de Pontevedra, xa que non dispoñen de telefonía convencional nen banda ancha para acceso a internet. A maioría das vivendas contan cos antigos teléfonos TRAC que non permiten acceder aos novos servizos que presta a operadora TELEFÓNICA. Fai dous anos esta operadora acometeu obras de instalación de tendido e cableado na zona e dende entonces, atrancos aparentemente insalvábeis, impiden que esta nova liña estea conectada á rede xeral.

Por todo isto o BNG traslada ao Ministerio de Industria as seguintes preguntas:

1. Cales son os obstáculos que impiden a conexión á rede telefónica dixital nos barrios de Postemirón e A Graña?

2. Realizou o Ministerio xestións para solucionar este problema?

3. Qué previsións manexa o Ministerio para que o problema estea solucionado?

Tamén se lle dou traslado deste escrito á delegación da Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galiza para que interveña na medida das súas posibilidades en rematar co aillamento en materia de telecomunicacións ao que están sometidos estes barrios do noso concello.

Imprimir   Recoméndalle esta noticia a un amigo

comentarios recibidos (1)

1. Enviado por: Agulla no palleiro, 2008-12-14 08:23:25 PST

Os do concello como teñen moviles pagados cos cartos de todos, os demais que se j...

comenta esta noticia

Nome
Correo-e
Comentario

Debes cumprimetar tódolos campos. O correo electónico non se mostrará. O BNG de Vilaboa non se fai responsable do contido dos comentarios. Non se publicarán os comentarios ofensivos ou que sexan sospeitosos de non respetar a legalidade vixente.

 


 

© BNG Vilaboa 2007-2008| Inicio | Nós| Escríbenos