voltar á páxina principal

Mocións presentadas polo BNGDocumentos elaborados polo BNGDescarga de arquivosConvocatoria de subvencións, axudas,...Entra a formar parte da militancia do BNG de Vilaboa


Se ves a páxina con erros usa o navegador Firefox

 

Recebe no teu correo-e as novidades da política municipal de Vilaboa

correo-e

Tamén podes receber gratuitamente as novidades no teu móbil enviando unha mensaxe coa palabra ALTA ao 650784558. (coste da mensaxe, según tarefas operadores). Para darte de baixa no servizo envía unha mensaxe coa palabra BAIXA.

Privacidade: O tratamento dos datos persoais está axustado á normativa establecida na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal (BOE 14/12/1999), e normativa de desenvolvemento.

 

 

 

O GOBERNO UTILIZARA UNHA SUBVENCIÓN DA CONSELLERÍA DE CULTURA PARA COLOCAR TARIMA DE MADEIRA NO SALÓN DE ACTOS DA CASA DE CULTURA DE RIOMAIOR

36.000 euros baixo a moqueta

(infobloque-vilaboa.com 05/11/08) O concello ven de cubrir estes días cunha moqueta de cor azul o solo do salón de actos da Casa de Cultura de Riomaior cando hai menos de ano e medio que se renovara o pavimento existente colocando tarima de madeira natural na que se invertira unha subvención da Consellería de Cultura por valor de 36.000 euros.

A voceira nacionalista Ornela F. Salgado manifestou hoxe o seu asombro pola facilidade con que o goberno socialista despilfarra o diñeiro público, xa que dende hai varios meses que este local sofre de pingueiras que afectaron ao pavimento sen que polo momento se lle dera solución. Así mesmo rexistrará no Concello unha pregunta para que o concelleiro de Cultura explique con qué criterios técnicos se intalou entonces o pavimento de tarima de madeira natural, xa que non parece que fose o máis adecuado para un local de uso público. Ademáis interesarase por se seguiron algún para a instalación deste novo pavimento, moqueta concretamente, xa que entende que dado o tipo de material que é o resultado vai ser semellante.

Ornela F. Salgado criticou a falta de previsión do goberno socialista e a alegría con que se realizan este tipo de pequenas obras, a maioría das veces improvisando e sen criterios técnicos que ao final implican que unha cantidade importante de diñeiro público agora mesmo esté enterrado baixo a moqueta, así como o defectuoso mantemento das instalacións.

ORNELA F. SALGADO RESPONDE A CÉSAR POZA, CONCELLEIRO DE CULTURA

07/11/08. Ante as declaracións aparecidas na prensa onde o concelleiro de cultura de Vilaboa, César Poza, manifestaba a ingnorancia do BNG respecto da colocación da moqueta na Casa de Cultura de Riomaior, a voceira nacionalista declarou hoxe que "A nosa denuncia non pretende facer especila fincapé na colocación ou non da moqueta, senón no malgasto de diñeiro público que supoñen moitas das actuacións do goberno municipal de Vilaboa. Nós xa somo sabedores de que a moqueta quedou ahí despois da exposición, e que non a tivo que adquirir o concello pero polo tipo de colocación da mesma pódese prever que non vai ser reutilazada para outro lado xa que está colada formando un pavimento contínuo e co perímetro xusto de local e que ten vocación de permanencia.

Por outra banda, o que si é realmente grave, é que hai un ano e medio aproximadamente que, con cartos dunha subvención da Consellería de Cultura, se lle colocou unha tarima flotante de madeira natural á Casa de Cultura por valor de 36.000 euros. Daquela o BNG xa manifestara que o pagado por ese pavimento sobrepasaba en 12000 euros aprox. o prezo de mercado, e para nada se mostrou favorable a esta obra, tal e como afirma hoxe o concelleiro de cultura de Vilaboa na prensa.

Pero o máis trascendental e clamoroso é que dende hai varios meses a Casa de Cultura de Riomaior sofre de pingueiras por varios sitios entre eles o teito do salón de actos. A incompetencia e a neglixencia do propio concelleiro de cultura e por extensión de todo o goberno levou a que hoxe aínda estén sen reparar e durante meses estivéronlle colocando caldeiros debaixo. Como sempre unha vez que se denuncian os feitos o goberno sae decindo que xa o están solucionando, pero non tiveron días senón meses por diante para facelo. O feito é que as humidades xa provocaron o pudrimento da tarima no lateral que dá contra a autoestrada, ademáis de que xa lle faltan parte das tapas das xuntas de dilatación. A colocación da moqueta o que vai é agravar o pudrimento do pavimento xa que non facilita a transpiración sobre todo si non se reparan as humidades e continúa entrando auga.


Con todo isto o que queremos denunciar e o desprezo que teñen polo diñeiro público que ao fin e o cabo son cartos que nos salen do peto a tódolos cidadáns, que tanto lle dá gastalo nun pavimento que aparte de carísimo non era o máis adecuado para un local de pública concurrencia, senón que a desidia dos nosos gobernantes fai que lles dea igual que se esté pudrindo. Total agora coa moqueta xa non se vai mirar".

Imprimir   Recoméndalle esta noticia a un amigo

NOTICIAS RELACIONADAS

(27/05/08) O centro de saúde do Toural sofre pingueiras dende hai varios días sen que Sanidade e Concello tomen medidas

comentarios recibidos (9)

8. Enviado por: jose luis, 2008-11-12 23:29:37 PST

Unha cousa que creo que se vos pasou. Creo que colocaron o piso de madeira cando eran conscientes de que había problemas de humedade. Investigai iso.

8. Enviado por: David, 2008-11-09 02:09:27 PST

Que eu sepa a madeira non che e tan Fria, pero bueno se tapan un bo tarimado de maderia  con moqueta, pa gutos cores.

Se se fan actividades con rapaces e estes estan sentados no chan pa esas actividades, seria mellor poñer esterillas ou algo asi, para poder quitalo despois e deixar o Salon de Actos con tarima, que pa min e moito mais elegante e axeitada para un Salon de Actos.

Sau2  www.postemiron.es

7. Enviado por: Vilaboés, 2008-11-07 15:10:44 PST

A moqueta non costaria un can, pero o que hai debaixo sonche 36000 cans. Puderon poñer a moqueta enriba da baldosa non?

6. Enviado por: Eu, 2008-11-07 02:44:40 PST

sintome un pouco aludida con este comentario porque en certo modo son unha das responsables de que a moqueta estea nese lugar.... en primeiro lugar pedimos a moqueta a uns bos mozos que montaron unha exposición no salon de actos... a idea era que os nen@s que utilizan ese espacio poidan estar nel sen ter o cú frio... a todos nos pareceu unha boa idea.... e non se gastou nada.... ó mellor é que vos non sabiades eso.... comprendo a vosa preucupación en tempos de crise pero bueno.... estade tranquilos que eso non costou nin un can....

5. Enviado por: David, 2008-11-07 02:21:37 PST

Pareceme de vergonzoso que tiren asi os cartos, que tanta falta fan para outras cousas.
Eu fai uns meses estive ahi nunha obra de teatro dos nenos do colexio e non estaba tan mal coma pa tapalo.

Pero nada terian que enmoquetar na casa e aproveitaron o que lles sobrou  jaja

4. Enviado por: Debertola, 2008-11-06 05:22:32 PST

 Manda carallo donde estades co da rectoral, os "palmeros de Xabier" abrazafarolas e correveidiles que so pensan e agradar o antigo líder

3. Enviado por: salseiros, 2008-11-05 13:03:14 PST

 Neste tema queda claro o favoritismo existente neste concello por certas parroquias mentres que outras seguen na "longa noite de pedra"....
Menos paripé pola moqueta e mais politica no norte de Vilaboa

2. Enviado por: Vilaboes, 2008-11-05 10:18:02 PST

Unha vergoña, que poñan os cartos do peto, a política da noxo. Non chega con denuncialo, que devolvan a subvención ou ben o goberno ou ben a empresa constructora, ¿as obras non teñen dez anos de garantía?, pois xa sabedes politiquillos a reclamar. Como se nota que os cartos non son vosos.

1. Enviado por: xolopas, 2008-11-05 10:18:02 PST

Non ai dereito que tiren os cartos de todos,asi e como governa o PSOE, en outras parroqias estamos sin asentos.

comenta esta noticia

Nome
Correo-e
Comentario

Debes cumprimetar tódolos campos. O correo electónico non se mostrará. O BNG de Vilaboa non se fai responsable do contido dos comentarios. Non se publicarán os comentarios ofensivos ou que sexan sospeitosos de non respetar a legalidade vixente.

 


 

© BNG Vilaboa 2007-2008| Inicio | Nós| Escríbenos