Edita: Consello Local BNG de Vilaboa
 
INFORMACIÓN MUNICIPAL
Voceiro Dixital do Bloque Nacionalista Galego de Vilaboa

UNHA INICIATIVA QUE LEVABA O BNG NO SEU PROGRAMA ELEITORAL
Salgado demanda do goberno municipal información sobre o finanzamento do servizo de SMS a móbiles

infobloque-vilaboa.com, 15/06/09. A voceira municipal do BNG demandará do goberno socialista de Vilaboa cumprida información sobre o custe do servizo de información vía SMS que puxo en marcha a semana pasada para os veciños do noso concello. Salgado considera positiva esta iniciativa, que levaba o BNG no programa electoral co que concurreu ás pasadas eleccións municipais, aínda que censura a oportunidade da posta en marcha no actual contexto de crise económica.

 

Salgado tamén recorda as reiteradas consideracións por parte do BNG para que se faga un plan de axuste do gasto en telefonía móbil por parte do Concello, que considera desproporcionado. "Non é de recibo, que se poña un servizo deste tipo que dependendo da demanda pode ter un custe moi elevado mentras operarios municipais andan limpando cunetas sen unha desbrozadora, facendo o traballo con fouciños coma nos tempos dos nosos avós, ou as nosas pistas estean cheas de baches e non se lle poida por unha carretilla de piche", apunto a voceira do BNG.

Salgado demandará do goberno municipal información sobre as previsións que baralla en canto a número de usuarios, o custe final para as arcas municipais e de que partida se han sacar os fondos ou se teñen prevista a xestión dalgunha subvención.

  

comentarios recibidos (6)

6. Enviado por: Bar Rigolas, 2009-06-17 14:39:23 PDT

Ameazas ningunha, señor Llons. O que pasa é que hai certa xente que gaña os partidos antes de que se xoguen e resulta que despois o Real Unión elimina ao Real Madrid na Real Copa de España. Sexamos, pois, realistas, señor Llons: o BNG presentarase ás próximas eleccións municipais para gobernar Vilaboa e mellorar a desfeita de goberno que hoxe temos e, tamén, con serias opcións de facelo porque mellorar o que hai élle ben doado.

5. Enviado por: Paco Llons, 2009-06-17 10:20:20 PDT

Estimado sr Administrador:

ante todo darlle as grazas por permitir que exprese a miña opinón neste foro, que como voste ben di, se financia coas aportacións que vostede menciona.

Tamén aproveiro para dar un aviso a navegantes, (PSE PP) para que tomen exemplo.
---------------------

...mentres varias mocións aprobadas por unanimidade levan varios meses aparcadas por falla de presuposto..
… uns orzamentos por outra parte prorrogados ano tras ano, que se teñen que limitar ao recollido neles???
-----------------------
“Para rematar, lamentamos a pouca fe que ten na nosa opción política…”
... non é que teña pouca fe,... son un simple mestre (profesor como din algúns por falta de autoestima) de matemáticas (por certo agnóstico raiando o ateismo)... miro os últimos resultados electorais, e a curva que me da, sigue baixando, logo, hai que invertila, ese proceso e máis lento que o de baixala , e facendo cálculos, dame esas datas..., (por certo, votei por vostedes en varias ocasións, cando o programa e os candidatos me parecián serios, e deixei de apoialos cado vin cousas que facian igual co PP ou pior), non descarto volver a ter fe na súa agrupación, pero moitas cousas teñen que cambiar…

Pronóstico:

O PP segue a medrar, ou se entenden entre vostedes (e se deixan de darlle balas os do PP), ou lles pronostico un negro futuro.
Sexamos realistas: é unha utopia que acaden maioría absoluta, e moi improbable (me remito aos resultados electorais vistos), que acaden mayoría simple.

Solución: entendanse entre vostedes, e plantexen unha proposta realista ao PP. (Por outra parte , ave fénix que renace das súas cinzas neste Concello), que é o “einimigo a batir”.
Non todo consiste en sentarse no sillón da Alcaldia (que pode queimar), Vigo é un claro exemplo, ou Cangas (co todo-los problemas que ten), e moitos outros (moaña, caldas dereis, …), sinon plantexarse un frente común.
--------------------------------------

Estimado SR. Bar Rigolas (moi bo o nome ,por certo, penso que bebemos nas mesmas fontes)

…“A súa obsesión polo BNG demostra que desde o grupo municipal se están a facer ben as cousas e, como é lóxico, iso vai ter un traslado aos resultados electorais”…

Non hai tal obsesión, o que hai son datos, números, resultados,…., e a súa agrupación suspende con nota, non so localmente, senón nacionalmente.

…”e, como é lóxico, iso vai ter un traslado aos resultados electorais”….

Pois a iso precisamente me refiro, ….…………………. Pregunta: en que se basa vostede para facer esas prediccións? no mesmo tipo de enquisa que se amosaba nestas páxinas, que lle outorgaban unha maioría irracional, nas autonómicas pasadas???

…“En fin, vaiase preparando, señor Llons, para que non o colla desprevenido como lles sucedeu a outros antes ca a vostede”….

Iso que é? unhan AMENAZA coma as que facian os FASCISTAS contra os que non ian con eles, ou que pensaban diferente?

Para que me vou ter que preparar?, para o sue regreso ao PODER, e as represalias que van a tomar contra os indeseabeis coma min.

Non se preocupe home, non son ninguna amenza, de feito, considérome un “mal avogado do diaño”, que vela por que o PP non alcance as cotas de poder que chegou a ter, nacionalmente, provincialmente e localmente. Non teño filiación política algunha, nin apoio a ningun partido. Son un simple veciño emigrado de Vilaboa, (cousas das oposisións), que intenta dar a súa opinión de cómo non se deben de facer as cousas, ( e tamén podo estar equivocado neste aspecto).

Posiblemente non sexa esa a intención das súas palabras, pero como explico antes , eu dedícome a explicar números, curvas, ecuacións …., (por certo en galego, por que me peta, non por que mo impoñan),…e recoñezo a miña incapacidade para ler entre liñas, posiblemente non alcance a entender a sutileza da súa mensaxe.

Grazas outra vez por deixarme dar a miña opnión….

4. Enviado por: llons os meus, 2009-06-17 09:23:02 PDT

Non si, como os resultados sexan como nas europeas, si , van ser históricos, históricos no sentido de que volveredes a resultados de hai vinte anos, que fostes terceira forza en todo o concello, ¡¡¡EN TODO O CONCELLO!!!

3. Enviado por: Bar Rigolas, 2009-06-17 00:11:30 PDT

O señor Llons parece descoñecer que dentro de 23 meses haberá eleccións e que será entón cando o pobo de Vilaboa elixa novo goberno municipal. A súa obsesión polo BNG demostra que desde o grupo municipal se están a facer ben as cousas e, como é lóxico, iso vai ter un traslado aos resultados electorais. En fin, vaiase preparando, señor Llons, para que non o colla desprevenido como lles sucedeu a outros antes ca a vostede.

2. Enviado por: Administrador, 2009-06-16 04:55:03 PDT

Estimado Paco Llóns,

As asingancións semestrais aos concelleiros serven entre outras cousas para manter servizos coma esta web na que vostede disfruta da liberdade para expresar o seu ponto de vista sobre a actualidade política municipal. A acción política é a base da democracia, e ten un custo económico que na maior parte é sufragado polos militantes a través das súas cotas, e que se complementa coas asignacións das administracións públicas. Os gastos dos concelleiros é bastante superior aos seus ingresos, pódeo ter ben seguro.

En canto ao servizo dos SMS, considerámolo positivo, pero non entendemos que se poñan en funcionamento servizos novos, mentres varias mocións aprobadas por unanimidade levan varios meses aparcadas por falla de presuposto. Feitos como o de operarios municipais desbrozando con fouciños, non é algo puntual, reflexa con esactitude o nivel da xestión municipal no noso concello.

Para rematar, lamentamos a pouca fe que ten na nosa opción política, pero nós que somos máis optimistas vémoslle a este goberno pouco recorrido e o cambio de goberno producirase antes do que vostede pensa. Téñao por seguro.

Saúdos dende o BNG de Vilaboa

1. Enviado por: Pacon Llóns, 2009-06-16 01:15:03 PDT

Empecemos recortando a asignanción mensual se tendes as agrupcións locais.
De segundo, estades a fecer demagoxía.
Considero que é un bo servizo, moi útil e que vai ter moita demanda.
Vai ser un servizo que utilizará a cidadanía de VILABOA casi en exclusividade.

Si non ten demanda, que o supriman e xa está.
En canto  a censura do momento de posta en marcha: esperamos ao 2030 para que o BNG goberne de novo para polo en marcha?
¿Ou esperamos a que a direción local do BNG decida cando é o mellor momento.?

Unha proposta do voso programa electoral:? moitisimos concellos están ofertando ese servizo dende fai moito tempo (non é unha ningunha idea do BNG de Vilaboa).

Normalmente a financiación retráese  das partidas orzamentarias de cada concellería, en parte proporcional aos mensaxes que se envien.
Posiblemente tamén se poida pedir unha suvencion, e sempre será máis económico que facer carteis para cada acto  e moitisimo menos caro que:
construir un   centro de atención a visitantes nas Salinas. (Que se lle dará uso os fíns de semana,si non chove, e 3 meses ao ano.), con persoal adicado, gastos de luz, teléfono, mantemento, etc...
Non pode cubrir esta faceta a caseta de informacion turística do Concello?


En canto o das desbrozadoras, que o arreglen xa.
(Ao mellor e unha situación puntual).

As prais e os parques non teñen que estar asfaltados, son "parques" e "praias". O que teñen que ter, e uns acceos a súas proximidades, pero nunca asfaltalos ata pe de auga.
Hai outras solucións aos asfaltados: facer os accesos peonis.

O que non quita que se coide o quwe xa está feito.

 

comenta esta noticia

Nome
Correo-e
Comentario

Debes cumprimetar tódolos campos. O correo electónico non se mostrará. O BNG de Vilaboa non se fai responsable do contido dos comentarios. Non se publicarán os comentarios ofensivos ou que sexan sospeitosos de non respetar a legalidade vixente.

 

Recebe no teu correo-e as novidades da Web

correo-e

Tamén podes receber gratuitamente as novidades no teu móbil enviando unha mensaxe coa palabra ALTA ao 650784558. (coste da mensaxe, según tarefas operadores). Para darte de baixa no servizo envía unha mensaxe coa palabra BAIXA.

Privacidade: O tratamento dos datos persoais está axustado á normativa establecida na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal (BOE 14/12/1999), e normativa de desenvolvemento.

AXENDA

 

 

 

Inicio | Nós| Escríbenos| © BNG Vilaboa 2007-2009. Autorízase a reproducción dos artigos (excepto os de opinión) sempre que se cite a fonte.