OS VISITANTES QUEIXANSE POLA DEFICIENTE E DESCOORDINADA SINALIZACIÓN
Salgado proporá que Vilaboa adapte a sinalización turística

infobloque-vilaboa.com, 23/06/09. A través da súa voceira municipal o BNG vai solicitar que o concello de Vilaboa adapte a sinalización turística ao decreto 138/2008 da Consellería de Industria aprobada polo goberno bipartito.
Fernández Salgado considera que a adopción desta medida melloraría a accesibilidade e coñecemento dos destinos e recursos turísticos do noso concello, ademáis de ofrecer un sitema de información homoxéneo e coherente. Para que sexa posible esta homoxeneización, a normativa aprobada polo nacionalista Fernándo Blanco , establece un catálogo de sinais turísticos e dos seus usos compostas por un compoñente informador, que facilita o coñecemento dos recursos turísticos, unha fecha, que indica a dirección na que se encontra, unha cor e unha tipografía única e un pictograma que aclara si o lugar turístico responde á arquitectura relixiosa, popular, etc.
Tamén incidirá Salgado en que o concello esixa das restantes administracións a adecuación ao sistema de sinalización homologado en todas aquelas que estean relacionadas co turismo como portos, estacións de tren, etc.

comentarios recibidos (1)
1. Enviado por: Push, 2009-06-24 14:35:56 PDT
Bonito indicador. A ver se conseguides que se coloquen e se unifique a sinalización. Bo traballo |
comenta esta noticia

       |
|
AXENDA |
|