O GOBERNO MUNICIPAL SEN REACCIÓN ANTE A AUSENCIA DA COMISIÓN DE FESTAS
Vilaboa celebrará o "San Martiño" sen o tradicional magosto
O goberno municipal non considera rentable promocionar Vilaboa (30/10/09)

infobloque-vilaboa.com, 09/11/09. Por primeira vez nos últimos anos Vilaboa celebrará o vindeiro mércores día 11 o día do seu patrón, San Martiño, pero este ano coa triste novidade de que non haberá o tradicional magosto popular. A ausencia este ano da comisión de festas que viña organizando esta senlleira celebración pillou en "fóra de xogo", unha vez máis, á Concellería de Cultura do goberno municipal.
Tomás Boullosa, voceiro de Cultura e Deportes do grupo municipal do BNG, lamentou hoxe unha vez máis, que a desidia e apatía na xestión socialista, deixe aos nosos veciños e veciñas sen unha arraigada tradición que históricamente sinalaba o peche do ano agrícola. Para Boullosa, a quen non lle sorprendeu esta desliz da Concellería de Cultura, non é entendible por parte da cidadanía que os xestores municipais sexan incapaces de suplir a falla de iniciativa voluntaria como son as comisións de festas.
"Os que van deixar a Vilaboa sen o tradicional magosto son os mesmos que no derradeiro pleno da corporación manifestaron que promocionar a imaxe de Vilaboa fora do noso concello non era rentable. Con estas premisas é moi dificil que un concello pequeno coma o noso prosprere xa que a intelixencia, a ilusión e a eficacia que deben caracterizar aos servidores públicos hai tempo que abandonou Vilaboa" ironizou Boullosa.

comentarios recibidos (5)
5. Enviado por : David, 2009-11-12 22:16:47 PST
Ola.
Como xa comentei noutro artigo desta web, o principal culpable de que non se faga o tradicional magosto e que non hai comisión de festas, e claro esta que disto non e culpable o concello nin a oposición, senón os veciños que non decidiron facelo.
Tamén estou de acordo con "Muelas", e seguro que si o fixese o BNG xa dirían: mira eses que queren ser máis có concello.
Pero, penso eu que no caso do Magosto e sen que servise de precedente para o resto de Festividades (Para min o concello non debe asumir o tema das festas), O Concello podería, organizar o magosto, sen festa, simplemente un magosto con castañas e viño novo. Pero que conste que o principais implicados nestas festas teñen que ser os veciñ@s, que tamén teñen moita parte de culpa como xa dixen.
PD. Por ultimo dicir que me parece moi fácil dicir algo ou criticar algo detras de seudonimos e nomes raros que nos manteñen no anonimato.
Basta xa de "castaña" "castañiña" e cousas así,
www.postemiron.es/web |
4. Enviado por: Muelas, 2009-11-12 06:55:15 PST
Parece que este novo traspés do Psoe fixo pupa entre a xente vendo algunhas reaccións-pataletas, supoño que da súa xente máis próxima. A min tamén me fai gracia que a falla de xestión do goberno a teña que suplir a oposición montando comisións de festas "ad hoc". Alguén se imaxina o que dirían estes mesmos se o bloque fixera o magosto? Entón falarían de que queren politizar todo... Ah! e se por algunha razón as persoas que tradicionalmente organizan o antroido non o fan terao que facer o bloque? Saudiños e a cada pau aguante a súa vela.
|
3. Enviado por:juan lópez ones, 2009-11-12 04:47:09 PST
Bos días:
Por non haber non houbo nin festas en Vilaboa , ningunha das que se fan.
De feito o Sr. Cura de Vilaboa, "amenazou" na homilía, que si non había festas en Vilaboa para o ano que ven, non ia celebrar ningunha outra, nin en Paredes nin Postemirón, nin Acuña.
(a temblar están tódolos veciños, que estan pensando en contratar un cura "desos" herexes para facer as festas para o ano que ven)
pregunta:
¿Quen organiza o magosto?
resposta:
a comision de festas.
conclusión:
Si non houbo comisión, polo tanto non poido haber magosto
SIMPLE
Si tan preocupados están vostedes pola falta de inciativa,fágome a seguinte pregunta?
¿Por que non organizaron vostedes o magosto, pedindo colaboración municipal ou incluso veciñal.?
Góstame estar informado, pero informar e contar as cousas como son, e non limitarse a escribir que non se fai o magosto, senon que hai que explicalo.
"Este ano non houbo magosto porque os veciños de Vilaboa non crearon a comisión de festas que TRADICIONALMENTE organiza o magosto. "
O que non sei si o fan é para celebrar o fin das colleitas, para xuntar aos veciños diante dunha cunca de viño e dunhas castañas para pasalo ben, ou para
celebrar o San Martiño cunha festa colonizada polos cristiáns.
En fin, vostedes sigan así, que os veciños (e as veciñas) de Vilaboa toman nota.
(Desta tontería e doutras de máis calado que non me apetece comentar)
"Buen rollito como din os outros", nun ano e medio temos eleccións, e lle estamos a por as cousas moi ben para que recuperen a alcaldía.
|
2. Enviado por: Castaña, 2009-11-12 01:04:23 PST
Faime gracia a "bonhommia" deste rapaz, é cuestión de ilusión, de intelixencia, de imaxinación, de ocurrencia, de querencia, de injerencia, de intromisión, de omisión, de ganas, de desganas, de papanatismo, de "tomarlle o pelo a xente", ...pero, que non había comisión xa se sabía dende maio, pilloubos a vos tamen en fora de xogo, ou simplemente estábades o acecho para sacar tallada sin importarvos o magosto nin facendo nada para poñerlle reemdio.
|
1. Enviado por: Samanta, 2009-11-10 00:19:18 PST
Estamos chegando, sen dúbida, aos máis altos graos de anemia municipal. Ata cando abusarán estes da nosa paciencia? Non se decatan de que nos postos á parte de estar hai que facer?
|
comenta esta noticia

       |
|
AXENDA |
NOTICIAS RELACIONADAS
|