Edita: Consello Local BNG de Vilaboa
 
INFORMACIÓN MUNICIPAL
Voceiro Dixital do Bloque Nacionalista Galego de Vilaboa

UNHA MOCIÓN INSTARÁ AO CONCELLO A INVITAR A COLEXIOS E GRUPOS INTERESADOS
O BNG pide que o Concello promocione as Salinas de Ulló como lugar de interese medioambiental

O BNG pide a creación dun centro de atención aos visitantes nas Salinas (18/04/09)

infobloque-vilaboa.com, 13/10/09. O BNG de Vilaboa a través da súa voceira Ornela Fdez. Salgado solicitará ao goberno municipal a través dunha moción, a promoción das Salinas de Ulló como lugar de interese intermareal, unha vez que coa chegada do outono, empeza a inmigración de aves mariñas procedentes doutros puntos de Europa.

A moción argumenta que este enclave recentemente mellorado nunha primeira fase polo Ministerio de Medio Ambiente ofrece unhas inmellorables cualidades para a observación das aves mariñas, polo que demanda que se faga o esforzo necesario para a súa promoción e organización de xornadas de visitas, especialmente entre os centros de ensino e a aquelas asociacións vinculadas coa natureza.

Con isto continuaría a posta en valor do espazo natural máis importante do noso concello. Coa súa situación actual non podemos considerar que a restauración e posta en valor estea rematada e queremos que a súa mellora continue, polo que o BNG xa instou ao Ministerio de Medio Ambiente que proxecte unha segunda fase na recuperación medioambiental.

  

comentarios recibidos (1)

1. Enviado por: Uno, 2009-10-15 00:03:56 PDT

En Larache tamen temos unhas maravillosas vistas para poder observar a inmigracion das aves,pero Larache nom interesa

comenta esta noticia

Nome
Correo-e
Comentario

Debes cumprimetar tódolos campos. O correo electónico non se mostrará. O BNG de Vilaboa non se fai responsable do contido dos comentarios. Non se publicarán os comentarios ofensivos ou que sexan sospeitosos de non respetar a legalidade vixente.

 

Recebe no teu correo-e as novidades da Web

correo-e

Tamén podes receber gratuitamente as novidades no teu móbil enviando unha mensaxe coa palabra ALTA ao 650784558. (coste da mensaxe, según tarefas operadores). Para darte de baixa no servizo envía unha mensaxe coa palabra BAIXA.

Privacidade: O tratamento dos datos persoais está axustado á normativa establecida na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal (BOE 14/12/1999), e normativa de desenvolvemento.

AXENDA

 

NOTICIAS RELACIONADAS

 

Inicio | Nós| Escríbenos| © BNG Vilaboa 2007-2009. Autorízase a reproducción dos artigos (excepto os de opinión) sempre que se cite a fonte.