Edita: Consello Local BNG de Vilaboa
 
INFORMACIÓN MUNICIPAL
Voceiro Dixital do Bloque Nacionalista Galego de Vilaboa

TOMÁS BOULLOSA PRESENTA UNHA MOCIÓN PARA QUE SE ACONDICIONEN ESTAS PISTAS
O BNG demanda actuacións nas pistas de Sabaxáns, en Bértola

infobloque-vilaboa.com | 11/01/10 | (0)

O concelleiro do BNG, Tomás Boullosa Moure, ven de presentar unha moción para o seu debate no vindeiro pleno ordinario, na que se demanda a mellora dos viais do barrio de Sabaxáns, na parroquia de Bértola. Os veciños láianse do mal estado das pistas xa que están cheos de pronunciados baches. O problema máis preocupante é na pista que vai pegado ao río que transcorre por alí, xa que a auga destruíu parte da pista e isto supón un perigo para os coches que transitan por ela, ao atoparse xusto nunha curva.

Na moción, Boullosa Moure solicita ao goberno municipal o acondicionamento destes viais para que non se dea máis esta situación. Este vial é un exemplo máis do calamitoso estado de moito dos viais municipais do noso concello, como xa se deixou evidencia noutras ocasións coa presentación de mocións polo grupo do BNG, e aprobadas en Pleno, solicitando o seu acondicionamento e reparación, e que a día de hoxe moitas aínda non foron arranxadas.

"O goberno municipal, ante a catastrófica situación deste e outros viais, debe acometer un programa de actuación a medio prazo no que, primeiro se lle dea prioridade aos viais que necesitan unha urxente reparación xa que en moitos casos son case intransitables, e segundo que o goberno municipal sexa rigoroso con todas aquelas actuacións que se levan a cabo neles, como obras de acometidas de saneamento, abastecemento de auga, realización de muros, etc que implican un deterioro dos viais e que ao finalizar as obras non se arranxan como é debido e que provoca un enorme deterioro dos viais, en algúns casos recen asfaltados" afirmou o concelleiro nacionalista.

comenta esta noticia
 
Nome
Correo-e
Comentario

Debes cumprimetar tódolos campos. O correo electónico non se mostrará. O BNG de Vilaboa non se fai responsable do contido dos comentarios. Non se publicarán os comentarios ofensivos ou que sexan sospeitosos de non respetar a legalidade vixente.

 

Recebe no teu correo-e as novidades da Web

correo-e

Tamén podes receber gratuitamente as novidades no teu móbil enviando unha mensaxe coa palabra ALTA ao 650784558. (coste da mensaxe, según tarefas operadores). Para darte de baixa no servizo envía unha mensaxe coa palabra BAIXA.

Privacidade: O tratamento dos datos persoais está axustado á normativa establecida na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal (BOE 14/12/1999), e normativa de desenvolvemento.

AXENDA

 

NOTICIAS RELACIONADAS

 

 

 

Inicio | Nós| Escríbenos| © BNG Vilaboa 2007-2009. Autorízase a reproducción dos artigos (excepto os de opinión) sempre que se cite a fonte.