voltar á páxina principal

Mocións presentadas polo BNGDocumentos elaborados polo BNGDescarga de arquivosConvocatoria de subvencións, axudas,...Entra a formar parte da militancia do BNG de Vilaboa


Se ves a páxina con erros usa o navegador Firefox

 

Recebe no teu correo-e as novidades da política municipal de Vilaboa

correo-e

Tamén podes receber gratuitamente as novidades no teu móbil enviando unha mensaxe coa palabra ALTA ao 650784558. (coste da mensaxe, según tarefas operadores). Para darte de baixa no servizo envía unha mensaxe coa palabra BAIXA.

 

Privacidade: O tratamento dos datos persoais está axustado á normativa estabelecida na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal (BOE 14/12/1999), e normativa de desenvolvemento.

 

O deputado Daniel Rodas fixo fincapé en que este organismo xa se encargou durante moito tempo do seu mantemento

O BNG presenta na Deputación unha moción para que asuma a competencia da estrada ao lago de Castiñeiras

(infobloque-vilaboa.com 19/07/08) O BNG de Vilaboa ofreceu hoxe unha rolda de prensa para informar de que o seu deputado provincial Daniel Rodas ven de presentar unha moción na sé provincial para que este organismo realice un estudo sobre as necesidades de ampliación, mellora e sinalización do vial que enlaza a N550 coa lagoa de Castiñeiras. Así mesmo pediu que este vial (EP0103) sexa incluido dentro da rede provincial de estradas de titularidade da Deputación.

Esta estrada que figura no inventario da Deputación Provincial como EP-0103, discorre integramente polo concello de Vilaboa polas parroquias de Figuerido e Bértola e dá servizo aos núcleos de Balteiro e Croas en Figueirido e Postemirón en Vilaboa.

A Deputación encargouse durante moito tempo do seu mantemento e conservación. Realizaba os bacheos e a limpeza das marxes, así como funcións de control e de marcado de liñas de peche e de construcción.

Na actualidade presenta graves carencias na sinalización horizontal e vertical, falta de disciplina nos retranqueos dos peches e necesidade de mellora e ampliación sobre todo na zona máis urbán.

O BNG considera que a falla de atencións destes viais por parte das distintas administracións están a por en perigo a seguridade vial das persoas que transitan por elas polo que isntamos a esta institución a que dé os pasos necesarios para darlle unha solución definitiva a este problema.

(0 comentarios)

Moción completa en PDF

NOTICIAS RELACIONADAS

(28/06/08) O pleno de Vilaboa aproba mocións do BNG para demandar a Deputación a mellora dos viais de Bértola e Figueirido

(15/06/08) O BNG presenta mocións para que o Concello demande da Deputación o arranxo das pistas provinciais de Bértola e Figueirido

comenta esta noticia

Nome
Correo-e
Comentario

Debes cumprimetar tódolos campos. O correo electónico non se mostrará. O BNG de Vilaboa non se fai responsable do contido dos comentarios. Non se publicarán os comentarios ofensivos ou que sexan sospeitosos de non respetar a legalidade vixente.

 


 

© BNG Vilaboa 2007-2008| Inicio | Nós| Escríbenos