FERNÁNDEZ SALGADO PÍDELLE AO GOBERNO LOCAL QUE ACTÚEN "DUNHA VEZ"
Máis dun ano despois as escombreiras seguen "adornando" o roteiro dos petroglifos de Cobres

infobloque-vilaboa.com | 01/05/10 | (2) |
|
Fernández Salgado, voceira do grupo municipal do BNG de Vilaboa denunciou hoxe que as escombreiras que "adornan" o roteiro do petroglifos de Cobres seguen no seu sitio un ano despois de que o seu grupo, facéndoso eco da denuncia duns visitantes, alertara da súa existencia e pedira que foran eliminadas. O certo é que a día de hoxe non só non se retiraron senón que a cantidade de escombro acumulado aumentou.
Salgado pediulle ao goberno que preside Luis Poceiro que "esperte do letargo na xestión municipal no que parecen estar sumidos el mailos seus concelleiros, e que resolvan situacións tan sinxelas coma esta mandando o furgón e os operarios municipais a recoller os escombros e darlle trasaldo dos mesmos a unha empresa de tratamento destes resíduos". Adiantou que lle solicitará ao goberno socialista a colocación de carteis advertindo da prohibición de tirar lixo e que poña estes feitos en coñecemento do servizo de protección da natureza de Garda Civil, para que realicen de vez en cando unhas patrullas disuasorías.
A voceira nacionalista indicou que "Vilaboa ten que potenciar un dos seus puntos fortes de dinamización económica, como neste caso pode ser o turismo mediambiental dadas as condicións singulares do noso concello. Pero se ao incivismo dalgúns veciños lle sumamos a desidia e apatía do actual goberno local, estamos creando unha mala imaxe cara o exterior moi negativa". Ademáis quere saber si o goberno que preside Luis Poceiro abandonou definitivamente o proxecto de construcción dun punto limpo en Vilaboa, xa que despois de varios intentos foi incapaz nestas dúas últimas lexislaturas de levalo a cabo.
comentarios |
2. Enviado por: Lucia, 2010-05-08 05:04:10 PDT
Non está igual está moito peor que o ano pasado. Na zona dos petroglifos estendéronlle un pouco de terra encima dos escombros, pero na zona de abaixo (na pista) aumentou a cantidade de escombro e botaron restos dalgún taller de vehículos botes de pintura, defensas, rodas, etc
|
1. Enviado por: Lucia , 2010-05-08 04:56:56 PDT
NNon é que siga igual está moito peor, na zona dos petroglifos puxéronlle un pouco de terra enrriba, pero a zona da pista de abaixo ahora ten entullo dalgún taller de vehículos. Defensas, rodas e demais e moito mais lixo. vergoña dan estes montes.
Un saudo
Lucia
|
comenta esta noticia |
 |
|
AXENDA |
NOTICIAS RELACIONADAS
|