Recebe no teu correo-e as novidades da política municipal de Vilaboa
Tamén podes receber gratuitamente as novidades no teu móbil enviando unha mensaxe coa palabra ALTA ao 650784558. (coste da mensaxe, según tarefas operadores). Para darte de baixa no servizo envía unha mensaxe coa palabra BAIXA.
Privacidade: O tratamento dos datos persoais está axustado á normativa estabelecida na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal (BOE 14/12/1999), e normativa de desenvolvemento.
O concelleiro Tomás Boullosa recrimínalle ao goberno socialista de Vilaboa que o tramo do concello de Pontevedra esté xa realizado
O BNG denuncia que o proxecto de rexeneración medioambiental do río Cocho-Toxal segue paralizado dende o ano 2006
(infobloque-vilaboa.com 02/09/08)O 26 de decembro de 2007 a Corporación Municipal de Vilaboa tomaba mediante acordo plenario por unanimidade a decisión de instar o goberno local a solicitarlle a Consellería de Medioambiente o financiamento e execución do “PROXECTO CONSTRUCTIVO DE SENDA VERDE E REXENERACIÓN AMBIENTAL DO LEITO DO RIO COCHO-TOXAL. VILABOA.PONTEVEDRA.”
O BNG non entende as razóns polas cales o alcalde Luis Poceiro non fai a suficiente presión política para que o seu amigo, como di el, o conselleiro de Medio Ambiente Patxi Vázquez execute este proxecto.
Este proxecto entrou no Concello de Vilaboa de mans da asociación Vaipolorio no ano 2005 e non foi remitido ao organismo autónomo “ Augas de Galicia “ ata o ano 2006.
Quere lembrar o BNG que este proxecto xa está executado no concello de Pontevedra e que no seu dia non se entendeu moi ben por parte dos veciños e veciñas de Vilaboa que non se executara no noso concello. O concelleiro nacionalista
Tomás Boullosa preguntará se realmente se fixo chegar este acordo á Conselleria e se así se fixo, cales son as razóns que motivan o seu retraso.
Bértola e Figueirido non pintamos nada para este goberno do PsoE.
Como non espabilen Paco e Poza igual que vos puseron aí os nosos votos, tamén poden ir agora para o BNG que parece que están collendo sentidiño.Gracias por publicar esta pobre opinión, é o que sinto.
Felicidades pola páxina.