voltar á páxina principal

Mocións presentadas polo BNGDocumentos elaborados polo BNGDescarga de arquivosConvocatoria de subvencións, axudas,...Entra a formar parte da militancia do BNG de Vilaboa


Se ves a páxina con erros usa o navegador Firefox

 

Recebe no teu correo-e as novidades da política municipal de Vilaboa

correo-e

Tamén podes receber gratuitamente as novidades no teu móbil enviando unha mensaxe coa palabra ALTA ao 650784558. (coste da mensaxe, según tarefas operadores). Para darte de baixa no servizo envía unha mensaxe coa palabra BAIXA.

Privacidade: O tratamento dos datos persoais está axustado á normativa establecida na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal (BOE 14/12/1999), e normativa de desenvolvemento.

 

 

 

A MAIORÍA DOS ACORDOS PLENARIOS ACADADOS POR UNANIMIDADE AÍNDA NON SE PUXERON A ANDAR

2008; un ano perdido para Vilaboa

(infobloque-vilaboa.com 31/12/08) Non se pode decir que o ano 2008 fose un bo ano para a xestión municipal en Vilaboa. Empeñado o Psoe en gobernar en minoría non foi quen de artellar con nengún grupo un proxecto político ben definido para o noso concello.

Enredado nas pequenas cousas do día a día e limitado pola pouca capacidade de xestión dos compoñentes do goberno municipal, Vilaboa perdou excelentes oportunidades de inversións no noso concello por parte doutras administracións. 2008 acumula un ano máis de retraso na aprobación definitiva do PXOM e xa van cinco e o goberno municipal baralla o ano 2012 como data definitiva para a súa aprobación.

Entre outros exemplo da falla de xestión por parte dos socialistas destacamos que nos catro anos de goberno bipartito, non foron quen de solicitar nin siquera unha entrevista co delegado provincial da Consellería de Vivenda. Isto propiciou que Vilaboa quedase fóra dos plans de parques empresariais e vivenda protexida que se implantaron por todo o país.

Por outra banda Vilaboa non solicitou nos dous últimos anos nengunha axuda dentro do programa AGADER da Consellería de Medio Rural para dinamización do Medio Rural, sendo o único concello da comarca que non recibirá nengunha inversión dentro deste programa.

A pesares de que en reiteradas ocasións se lle pediu por parte do BNG que puxera a disposición de Vicepresidencia os terreos para a construcción dun centro de Día a xestión do goberno municipal limitouse a un par de chamadas ao teléfono móbil do Xerente do Consorcio.

No relativo á Consellería de Innovación e Industria o goberno municipal limitouse a xestión de pequenas subvencións, como o Entroido de Cobres por exemplo, e deixou de lado importantes proxectos de dinamización turística ou de implantación de novas tecnoloxías. A pesares de que o Camiño de Santiago atravesa grande parte do noso concello non se tramitou nengún proxecto para a mellora dos lugares por onde discurre.

A última torpeza socialista foi a probable perda da pista polideportiva que tiña previsto instalar a Consellería de Cultura e Deportes en Riomaior xa que había unha demanda dos usuarios para que se mellorase a actual, que non reúne as mellores condicións para a práctica dalgunhas actividades deportivas. A pesares da boa vontade da Consellería para que a instalación estivera en funcionamento este mes de decembro, os atrancos que puxo o concello, deixar que transcorrera o prazo para a presentación da documentación e a falla de voluntade do Psoe fai que a día de hoxe moi probablemente teñamos a pista perdida. Nas vindeiras semanas informaremos máis a miúdo sobre este asunto no que o goberno municipal terá que dar moitas explicacións.

Imprimir   Recoméndalle esta noticia a un amigo

NOTICIAS RELACIONADAS

O BNG convocará un Pleno Extraordinario se o Psoe segue sen cumprir os acordos plenarios (20/12/08)

Vilaboa non solicitou ningunha axuda dotada con fondos europeos nos últimos dous anos (03/12/08)

O goberno do Psoe deixou pasar o prazo legal para aprobar o PXOM local (22/11/08)

Ornela F. Salgado pedirá que se subsanen as deficiencias da pista polideportiva da area recreativa de Riomaior (09/09/08)

A pouco de cumprírese o primeiro ano da nova lexislatura, Vilaboa segue sumida nunha parálise política e institucional (20/05/08)

Vilaboa está fóra do plan da Xunta de parques empresariais (24/04/08)

O BNG estima que os veciños de Vilaboa perderan 1.350.000 euros en expropiacións do AVE por non ter o novo PXOM (21/04/08)

comentarios recibidos (1)

Enviado por: Tomás Boullosa,2008-12-31 12:36:20 PST

1. Feliz aninovo a tod@s, especialmente aos que entrades nesta páxina.

comenta esta noticia

Nome
Correo-e
Comentario

Debes cumprimetar tódolos campos. O correo electónico non se mostrará. O BNG de Vilaboa non se fai responsable do contido dos comentarios. Non se publicarán os comentarios ofensivos ou que sexan sospeitosos de non respetar a legalidade vixente.

 


 

© BNG Vilaboa 2007-2008| Inicio | Nós| Escríbenos