voltar á páxina principal

Mocións presentadas polo BNGDocumentos elaborados polo BNGDescarga de arquivosConvocatoria de subvencións, axudas,...Entra a formar parte da militancia do BNG de Vilaboa


Se ves a páxina con erros usa o navegador Firefox

Recebe no teu correo-e as novidades da política municipal de Vilaboa

correo-e

Tamén podes receber gratuitamente as novidades no teu móbil enviando unha mensaxe coa palabra ALTA ao 650784558. (coste da mensaxe, según tarefas operadores). Para darte de baixa no servizo envía unha mensaxe coa palabra BAIXA.

 

Privacidade: O tratamento dos datos persoais está axustado á normativa estabelecida na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal (BOE 14/12/1999), e normativa de desenvolvemento.

 

A deputada do BNG pedía incluir esta proposta no proxecto en realización pero o Executivo sinala que non é posíbel porque a obra xa está contratada

O goberno indica a Davila "o seu dispor a analizar" a demanda do BNG para que se habiliten as Salinas de Vilaboa como piscinas naturais

(infobloque-vilaboa.com 16/07/08) O Goberno vén de sinalar en resposta á deputada do BNG, Olaia Fernández Davila, “o seu dispór a analizar a demanda do BNG” para que se habiliten as Salinas de Vilaboa como un centro de piscinas naturais.

A deputada do BNG dirixíase ao Ministerio de Medio Ambiente para pedirlle que no proxecto a desenvolver pola Dirección Xeral de Costas nas Salinas que incluise a adecuación das mesmas como lugar de baño. Para iso, é preciso que se proceda á restauración das comportas de modo que se dote ás Salinas dun sistema de retención de auga para habilitar como lugar de baño.

“Deste xeito se contribuiría á creación dunha zona de esparcimento e baño que beneficiaría ao concello de Vilaboa”, sinala Davila.

O proxecto de restauración remata “o 28 de xullo”

Neste sentido, o Goberno explica á deputada nacionalista que a actuación “Recuperación ambiental do entorno das Salinas e marisma de Vilaboa” consiste nunha limpeza da zona. E subliña que a obra se iniciou o 28 de novembro de 2007 e “ten prevista a súa finalización o 28 de xullo de 2008”.

Alega que “ao estar a obra xa contratada non é posíbel a realización da proposta que realiza o BNG”.

NOTICIAS RELACIONADAS

(05/06/08) O PSOE ampárase nun informe do servizo de Costas para oporse a adecuación das Salinas de Vilaboa como zona de baño.

(10/05/08) O BNG solicita que se use a piscina natural das Salinas este mesmo verán.

comenta esta noticia

Nome
Correo-e
Comentario

Debes cumprimetar tódolos campos. O correo electónico non se mostrará. O BNG de Vilaboa non se fai responsable do contido dos comentarios. Non se publicarán os comentarios ofensivos ou que sexan sospeitosos de non respetar a legalidade vixente.

 


 

© BNG Vilaboa 2007-2008| Inicio | Nós| Escríbenos