voltar á páxina principal

Mocións presentadas polo BNGDocumentos elaborados polo BNGDescarga de arquivosConvocatoria de subvencións, axudas,...Entra a formar parte da militancia do BNG de Vilaboa


Se ves a páxina con erros usa o navegador Firefox

Recebe no teu correo-e as novidades da política municipal de Vilaboa

correo-e

Tamén podes receber gratuitamente as novidades no teu móbil enviando unha mensaxe coa palabra ALTA ao 650784558. (coste da mensaxe, según tarefas operadores). Para darte de baixa no servizo envía unha mensaxe coa palabra BAIXA.

 

Privacidade: O tratamento dos datos persoais está axustado á normativa estabelecida na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal (BOE 14/12/1999), e normativa de desenvolvemento.

 

 

 

Foi un acordo plenario do mes de outubro de 2007

O PSOE ampárase nun informe do servizo de Costas para oporse a adecuación das Salinas de Vilaboa como zona de baño

(infobloque-vilaboa.com 05/06/08) O PSOE de Vilaboa móstrase pouco disposto a levar adiante os acordos plenarios, cando éstos non contan coa aprobación dos seus concelleiros. Se hai uns días informabamos de que o acordo tomado no pleno de abril para iniciar os trámites para delimitar definitivamente os concellos de Marín e Vilaboa están sendo retrasados polo goberno municipal. Neste caso ocurre máis do mesmo co acordo plenario de outubro de 2007 para solicitar a Fomento a creación da zona de baño dentro das obras de acondicionamento das Salinas de Vilaboa.

O alcalde Poceiro argumentou que un informe do servizo de Costas do Ministerio de Medio Ambiente, advirte de que de levar adiante esta obra sería necesaria un modificado do proxecto o que conlevaría unha paralización excesiva das obras. De tódolos xeitos o concelleiro Barcala confirmou que aínda que se colocasen as comportas que permitirían reter a pleamar, o goberno municipal non estaría disposto a autorizar o baño.

O voceiro do BNG Xabier Míguez, acusou á delegación provincial de Medio Ambiente de elaborar un informe "ad hoc", segundo a tese do PSOE contraria ao acordo plenario. Critica que o contido dese informe é como mínimo discutible. Afirmou que as Salinas foron un lugar tradicionalmente humanizado, na que incluso viviu xente. A inclusión deste paraxe dentro da rede Natura non pode ser un impedimento para a realización da obra, xa que noutros espacios con maior grao de protección, como pode ser o parque nacional das Illas Atlánticas, combínase con grande éxito a protección da natureza cos usos tradicionais e turísticos.

Por outra banda suliñou que sería interesante a habilitación do muiño de mareas para o que habería que solicitar os planos orixinais. Tamén solicitou a ubicación no entorno dun local de restauración para que a xente poida disfrutar do excelente entorno, cunha maior dotación de servizos.

NOTICIAS RELACIONADAS

comentarios recibidos (2)

2. Enviado por: Xabier Míguezl, 2008-08-06 12:41:52 PDT

 Prezado Miguel: Concordo contigo que a calidade das augas da Enseada de San Simón é baixísima. Esa é unha batalla que temos que dar e espero verte nela. Concordarás comigo en que cunha maior calidade das augas non habería ningún problema en bañarse nas Salinas e as repercusións en todos os eidos sería enormemente positiva para o municipio.
Un saúdo.

1. Enviado por: Miguel, 2008-08-05 14:59:55 PDT

 É un disparate crer que a simple colocación de comportas posibilitaría o baño nas Salinas, non hai máis que achegarse por alí e mirar a auga, que a pesar das obras de "humanización" (que se limitan a facer carreiros, camiños, cementar os muros e poñer mesas para os domingueiros...) están cheas de lixo mires onde mires e excesivamente turbias, tanto que coa marea chea a auga convírtese nunha extensión menos densa do propio fango. Se estamos falando de que se habilite como zona de recreo e baño para porcos bravos, entón sí.

 

comenta esta noticia

Nome
Correo-e
Comentario

Debes cumprimetar tódolos campos. O correo electónico non se mostrará. O BNG de Vilaboa non se fai responsable do contido dos comentarios. Non se publicarán os comentarios ofensivos ou que sexan sospeitosos de non respetar a legalidade vixente.

 


 

© BNG Vilaboa 2007-2008| Inicio | Nós| Escríbenos