voltar á páxina principal

Mocións presentadas polo BNGDocumentos elaborados polo BNGDescarga de arquivosConvocatoria de subvencións, axudas,...Entra a formar parte da militancia do BNG de Vilaboa


Se ves a páxina con erros usa o navegador Firefox

 

Recebe no teu correo-e as novidades da política municipal de Vilaboa

correo-e

Tamén podes receber gratuitamente as novidades no teu móbil enviando unha mensaxe coa palabra ALTA ao 650784558. (coste da mensaxe, según tarefas operadores). Para darte de baixa no servizo envía unha mensaxe coa palabra BAIXA.

Privacidade: O tratamento dos datos persoais está axustado á normativa establecida na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal (BOE 14/12/1999), e normativa de desenvolvemento.

 

 

 

FOI O ACORDO AO QUE SE CHEGOU TRAS A PRESENTACIÓN DUNHA MOCIÓN POR PARTE DOS NACIONALISTAS

O Pleno do Concello acorda a criación dunha comisión para negociar a compra da Rectoral de Sta. Cristina


(infobloque-vilaboa.com 01/11/08)
A presentación por parte do BNG dunha moción para que o concello adquira a Rectoral de Sta. Cristina de Cobres deu como resultado a criación dunha comisión que se encargará de negociar a súa compra. Esta comisión integrada por un representante de cada grupo político terá como tarefa principal poñerse ao tanto das negociacións que está levando a cabo a comunidade de montes de Sta Cristina de Cobres coa Igrexa e darlle encaixe a inversión que necesita a súa adquisición.

Aínda que a moción defendida por Ornela F. Salgado defendía a adquisición mediante o uso do remanente de tesourería o equipo de goberno opúxose xa que alegaron que tal remanente xa está adxudicado ás obras que pactaron co Partido Popular.

Ornela F. Salgado afirmou que esta é unha reivindicación da parroquia desde hai moitos anos e sábese que as asociacións da mesma están xestionando o seu uso público desde hai anos coa Igrexa, propietaria actual do inmoble. Coa adquisición evitaríase que fose vendida ao sector privado como puido acontecer hai non varios meses. Esta é unha reivindicación sentida por todos os veciños e veciñas de Santa Cristina que sente como propio o edificio. Ademais nos últimos anos acentuouse o deterioro do edicificio, abríndose fendas en elementos estruturinaurais, que poderían pór en perigo a casa e mesmo a persoas. A nosa voceira considerou un investimento estratéxico para a parroquia que podería converter o lugar nun referente para actividades sociais e xuvenís, dado o seu lugar ben situado e céntrico. Neste sentido, Ornela F. Salgado comprometeuse "a xestionar ante a Xunta de Galiza as axudas necesarias para o acondicionamento da Rectoral e convertela no referente cívico de Cobres" unha vez se adquira o inmoble.

Imprimir   Recoméndalle esta noticia a un amigo

NOTICIAS RELACIONADAS

(27/09/08) Ornela F. Salgado presenta unha moción para que o Concello adquira a Rectoral de Sta. Cristina de Cobres.

comentarios recibidos (16)

16. Enviado por: Salseiros, 2009-01-17 04:56:36 PST

un  porto en larache?? dios mio...pero visto o visto non nos asustemos de nada...

15. Enviado por: LaraTxe Existe!!!, 2008-12-11 09:21:32 PST

Para cando ides facer algo en Laratxe?? nen carreta e bo estado,nen parques para os nenos,nen porto nen nada

14. Enviado por: Puxi, 2008-11-28 04:48:32 PST

dalle as voltas ke keiras pero os resulatos foron malos

13. Enviado por: Vizarallas, 2008-12-10 02:14:09 PST

Pois eu creo que os resultados do Bloque fóronche moi bos, un dos mellores da provincia. Evindentemente os do Psoe foron mellores, pero é que mentres o PP non estea nen se lle espere en Vilaboa, pois os socialistas seguirán sacando proveito. Por certo a rectoral case mellor que siga así porque para estar coma a Cultural de Riomaior chovendo dentro, polo menos aforran a moqueta.

12. Enviado por: salseiros, 2008-11-10 04:17:14 PST

querido  "limiar" non te equivoques conmigo dicindo os do Psoe por que eu nin son do Psoe nin son do do Bng nin son Do Pp....son de min,,,
Cando este concello teña algun politico competente alegrareime...mentres tanto espero a que chege.
E solo defendo o que vexo...´que estea quen estea no sillón seguimos igual..
en canto os resulatdos electorais, o Bloque levou un pao, e copn  isto non me alegro polo Psoe, pero a verdade é que levastedes un bo pao..pero vese que non aprendestedes,,
Deberiades ser mais amabeis cos vosos futuros votantes, coma min, que votarei por primeira vez nas proximas...e ainda non sei a quen..
asi que non supoñas tanto meu amigo..jaj Saúdos

11. Enviado por: Limiar, 2008-11-09 11:50:52 PST

Os do Psoe estades obsesionados cos resultados electorais do BNG. Preocupadísimos. Iso demostra que ao BNG vaille mellor do que quixerades e a vós peor do que vos pensabades. E peor que vos vai ir agora que ZP caíu do pedestal e TP non dá máis de sí. O malo para o BNG en Vilaboa é que contades contades do carisma de Poceiro e a profesionalidade política de Muchiña. O BNG xa se pode poñer a tremer aquí, ha,ha,ha.

10. Enviado por: salseiros, 2008-11-07 10:37:52 PST

Eu tamén creo que dicir que se estaba mellor con Enrique e moi moi exaxerado. Pero o que hai que dicir  e que na parróquia de Bértola ninguen fai nada e niso teñen igual culpa os que votan polo PSOE como os da posicion que deberian dar mais IDEAS e meños LEÑA por que asi lles vai os resultados electorais....Saúdos!!

9. Enviado por: Cachamuiña, 2008-11-07 07:09:53 PST

 home, iso de decir que se estaba mellor con Enrique paréceme esaxerado. Moi esaxerado!.
O que é ben certo é que Barcala, que é realmente quen corta o bacalao, pasa de Bértola, pero creto que como pasa de Figueirido, de Vilaboa e dos Cobres. Cada vez máis Barcala se parece máis os caciques de antes. e mira que era dos que despotricaba contra eles.

8. Enviado por: Debertolatamen, 2008-11-06 08:02:52 PST

  Hai xa dez anos co alcalde Paco Barcala está no concello e Bertola da pena, pero tamén temos que pensar os veciños cal é a nosa parte de culpa. Aquí quen se preocupa pola parroquia?, todos andamos ao noso e chegan as eleccións e este home vai polas casas amenazando a ver a quen lle pedides os favores e todos a votar a os de sempre, estabamos mellor con Enrique iso é indiscutible.

7. Enviado por: salseiros, 2008-11-05 13:08:21 PST

Debertola douche a razón,
o Norte deste concello parece non existir.
Na parroquia de Bertola hai outras necesidades mais importatntes  que ninguen reclama....isto é de coña....en fin ....bértola segue sen existir....

6. Enviado por: Bértolatamenexiste, 2008-11-05 12:56:44 PST

 Pareceme estupendo que se queira recuparar a casa rectoral Pero mais ben deberianse solicitar outro tipo de cousas mais urxentes para outras parroquias, como a de Bértola que non parecen deste concello.Saudos

5. Enviado por: vizarallas, 2008-11-05 06:12:12 PST

Debertola; para "ovos" os teus. Deixastes, os veciños de Bértola e Figueirido, que un pequeno "lobby" de sta. Cristina acorralase ao psoe no tema do campo de futbol asta o punto de que llo desen contra todo criteiro razonable. E mentres tanto os concelleiros socialistas de Bertola e figueirido tocando o violón... ou facendo o paripé de que votaban en contra..En fin o que hai que oir. A rectoral é un patrimonio cultural e arquitectónico do concello e debería ser delito deixar que se derrumbe.

4. Enviado por: Cristino, 2008-11-04 13:02:12 PST

Quero lembrar que os tres grupos políticos deron a súa palabra a os veciños da nosa parroquia para colaborar neste tema, agora non vale votarse atrás. Se non se pode dicir sisi  que se faga no seu momento.

3. Enviado por: Abel, 2008-11-04 07:39:36 PST

Se os concelleiros do goberno non acreditan nas posibilidades do noso concello aviados imos.

2. Enviado por: Debertola, 2008-11-04 04:53:59 PST

Manda huevos, campo de futbol, casa de cultura, parques varios e por riba a casa rectoral e Bertola qué!!!, polo menos o chaval falou razonadamente que no norte tamen temos necesidades, a casa do pobo que fixo xavi é de chiste, así que menos pedir barbaridades, que non chegarían medio millons de euros para poñela a andar

1. Enviado por: Limiar, 2008-11-01 12:21:01 PDT

 Polas declaracións na prensa do concelleiro Poza parece que o único que teñen pensado é que se caia abaixo por ruína. E están moi satisfeitos con este plan, por certo.

comenta esta noticia

Nome
Correo-e
Comentario

Debes cumprimetar tódolos campos. O correo electónico non se mostrará. O BNG de Vilaboa non se fai responsable do contido dos comentarios. Non se publicarán os comentarios ofensivos ou que sexan sospeitosos de non respetar a legalidade vixente.

 


 

© BNG Vilaboa 2007-2009| Inicio | Nós| Escríbenos