voltar á páxina principal

Mocións presentadas polo BNGDocumentos elaborados polo BNGDescarga de arquivosConvocatoria de subvencións, axudas,...Entra a formar parte da militancia do BNG de Vilaboa


Se ves a páxina con erros usa o navegador Firefox

 

Recebe no teu correo-e as novidades da política municipal de Vilaboa

correo-e

Tamén podes receber gratuitamente as novidades no teu móbil enviando unha mensaxe coa palabra ALTA ao 650784558. (coste da mensaxe, según tarefas operadores). Para darte de baixa no servizo envía unha mensaxe coa palabra BAIXA.

Privacidade: O tratamento dos datos persoais está axustado á normativa establecida na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal (BOE 14/12/1999), e normativa de desenvolvemento.

 

 

 

Fora un compromiso de todos os partidos cos veciños e veciñas de Sta Cristina de Cobres antes das eleccións locais

Ornela F. Salgado solicita que o concello adquira a Rectoral de Sta. Cristina de Cobres

(infobloque-vilaboa.com 27/09/08) A nosa voceira, Ornela F. Salgado, solicita que o Concello de Vilaboa adquira a Rectoral de Cobres para convertela nun centro cívico e xuvenil. Esta é unha reivindicación da parroquia desde hai moitos anos e sábese que as asociacións da mesma están xestionando o seu uso público desde hai anos coa Igrexa, propietaria actual do inmoble. Coa adquisición evitaríase que fose vendida ao sector privado como puido acontecer hai varios meses.

Esta é unha reivindicación sentida por todos os veciños e veciñas de Santa Cristina que sente como propio o edificio. Ademais nos últimos anos acentuouse o deterioro do edificio, abríndose fendas en elementos estructurais, que poderían pór en perigo a casa e mesmo a persoas.

O BNG propón que se empregue o remanente de tesourería existente para a compra. Considéraa un investimento estratéxico para a parroquia que podería converter o lugar nun referente para actividades sociais e xuvenís, dado o seu lugar ben situado e céntrico.

Neste sentido, Ornela F. Salgado comprometeuse "a xestionar ante a Xunta de Galiza as axudas necesarias para o acondicionamento da Rectoral e convertela no referente cívico de Cobres" unha vez se adquira o inmoble.

Imprimir   Recoméndalle esta noticia a un amigo

comentarios recibidos (3)

Enviado por: cachamuiña, 2008-10-03 05:41:38 PDT

3.  CLARO QUE É UNHA BOA PROPOSTA, PERO HABERÁ QUE TER EN CONTA OS USOS.

O QUE TEÑO CLARO E QUE DENDE O ACTUAL GOVERNO NON SE QUERE APOIAR ESTE TIPO DE ACTUACIÓNS, NIN CALQUER COUSA QUE SIGNIFIQUE AUTOXESTIÓN.

Enviado por: cristino, 2008-09-28 14:58:21 PDT

2.  As veces non hai que darlle tantas voltas ás cousas, o importante é que é unha boa proposta. Seguide nesta liña que o tempo pon a cada un no seu sitio.

Enviado por: CACHAMUIÑA, 2008-09-28 02:58:00 PDT

1.  fora do uso que se lle poda dar a esta edificación, temos que recordar que debe estar no inventario de patrimonio como edificio a conservar.
que de cara o edificio para conservarse pase a mans privadas, ten ventaxas e inconvintes, so temos que ver o exemplo da rectoral de San Adrián; foi restaurada para un uso privado. o edificio mantense pero o que si se perdeu foi a posibilidade de que fose foco de actividades culturais como fora en tempos pasados.
con respecto á rectoral de Santa Cristina, que eu sepa nunca tivo un uso "público".
adquirindo este edificio lograriamos duas cousas: recuperación dun ben de interese patrimonial e a creación dun local que poda ser foco de actividades culturais, ainda que a esto último lle vexo un problema; a pouca distancia que o separa da Casa de Cultura de Riomaior. agora ben, sempre e cando os usos do Local de Santa Cristina procedan da autoxestión de asociacións locais sería un complemtento positivo para a actividade cultural do Concello. e repito isto: SEMPRE QUE SEXAN AUTOXESTIONADOS E FORA DA LIÑA "OFICIAL" DAS ADMINISTRACIÓNS. xa que para política cultural oficial está ahí mesmo pegadiño a Casa de Cultura.

comenta esta noticia

Nome
Correo-e
Comentario

Debes cumprimetar tódolos campos. O correo electónico non se mostrará. O BNG de Vilaboa non se fai responsable do contido dos comentarios. Non se publicarán os comentarios ofensivos ou que sexan sospeitosos de non respetar a legalidade vixente.

 


 

© BNG Vilaboa 2007-2008| Inicio | Nós| Escríbenos