Edita: Consello Local BNG de Vilaboa
 
INFORMACIÓN MUNICIPAL
Voceiro Dixital do Bloque Nacionalista Galego de Vilaboa

PARA FERNÁNDEZ SALGADO O GOBERNO MUNICIPAL NON ESTÁ INTERESADO NELA
Rectoral de Santa Cristina; tres anos, tres xuntanzas... nengún avance

O Pleno do Concello acorda a criación dunha comisión para negociar a compra da Rectoral de Sta. Cristina (01/11/08)

infobloque-vilaboa.com | 09/01/10 | (1)

Dende que na campaña eletoral das elecións municipais de 2007 os tres partidos políticos con representación municipal se comprometeran a adquirir nesta lexislatura o inmoble da antiga Casa Rectoral de Santa Cristina de Cobres, as cousas a día de hoxe pouco cambiaron. A voceira nacionalista Ornela Fernández Salgado recordou hoxe que "tivo que ser o propio BNG, quen en outubro de 2008 presentara unha moción para que se activase a xestión por parte do goberno municipal para a súa adquisición, xa que non se advertía por parte deles nengunha acción nese sentido".

O acordo ao que se chegou foi a constitución dunha comisión integrada polas tres forzas políticas ademáis dunha representación da xunta rectora da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Santa Cristina de Cobres, que ata aquel momento fora a que levara as negociacións coa Igrexa para a súa adquisición. Despois de 15 meses coa comisión constituida esta só se reuniu tres veces sen que as negociacións que se levan feitas nos últimos anos teñan avanzado prácticamente nada.

Para Fernández Salgado, a intencionalidade do PSOE de Vilaboa é clara, "ir dilatando a xestión todo o que poida, e despois se ao final non se acadan os resultados comprometidos coa cidadanía, a culpa é de todos, xa que todos estabamos na comisión. Este recurso da creación de comisións é moi utilizado polos socialistas para xustificar a incapacidade na xestión e tratar de repartir culpas entre todos. O caso da Rectoral de Cobres non é o único; en xullo de 2008 constituiuse unha para tramitar o deslinde con Marín e dende entonces tan só se reuniu unha vez, sen que se coñezan resultados tanxibles. En abril de 2009 tras unha moción do BNG para dotar ás Salinas dun centro de atención aos visitantes, acordouse a criación doutra comisión da que sairía a idea do proxecto a defirnir, pero a día de hoxe aínda non se constituiu. Como non podía ser doutro xeito toda a problemática arredor da reforma da estrada N-554, tamén ten a súa comisión. Nós despois da segunda xuntanza decidimos abandonala, xa que a intención do PSOE estaba moi clara, crear comisións para entreter á oposción, dar a imaxe de goberno aberto e dialogante, cando en realidade se trata de repartir a súa incompetencia entre todos. Proba disto é que nun momento en que as obras da N-554 son un auténtico caos, a comisión que aínda segue en funcionamento non día nada".

"O PSOE a estas alturas da lexislatura ten que definir que é o quere para Vilaboa, cal é o seu proxecto, non pode estar decindo a todo que sí, e logo non facer absolutamente nada. Non están obrigados a compartir todas as iniciativas da oposición, pero as que asuman teñen que xestionar para levalas a cabo, algo que ata o de agora non o fixeron. Dende o BNG démoslle un voto de confianza, favorecendo a aprobación duns orzamentos que non nos gustaban e incluso aprobándolle gastos, ao noso entender moi discutibles, e durante este ano 2010, último ano completo antes das eleccións terán que dar o callo, xa que do contrario corroborarán o que todo mundo sabe; que son os peores xestores dende que a democracia chegou a Vilaboa", recalcou Fernández Salgado.

comentarios (1)

1. Enviado por: Cristino, 2010-01-10 13:42:59 PST

Sisi en medio ano tamén sacaban adiante o Plan Xeral.
comenta esta noticia
 
Nome
Correo-e
Comentario

Debes cumprimetar tódolos campos. O correo electónico non se mostrará. O BNG de Vilaboa non se fai responsable do contido dos comentarios. Non se publicarán os comentarios ofensivos ou que sexan sospeitosos de non respetar a legalidade vixente.

 

Recebe no teu correo-e as novidades da Web

correo-e

Tamén podes receber gratuitamente as novidades no teu móbil enviando unha mensaxe coa palabra ALTA ao 650784558. (coste da mensaxe, según tarefas operadores). Para darte de baixa no servizo envía unha mensaxe coa palabra BAIXA.

Privacidade: O tratamento dos datos persoais está axustado á normativa establecida na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal (BOE 14/12/1999), e normativa de desenvolvemento.

AXENDA

 

NOTICIAS RELACIONADAS

 

 

Inicio | Nós| Escríbenos| © BNG Vilaboa 2007-2009. Autorízase a reproducción dos artigos (excepto os de opinión) sempre que se cite a fonte.