Edita: Consello Local BNG de Vilaboa
 
INFORMACIÓN MUNICIPAL
Voceiro Dixital do Bloque Nacionalista Galego de Vilaboa

O BNG PREGUNTARÁ NO CONGRESO SOBRE A PRÓRROGA DO USO DOS TERREOS
A concesión do recheo de Riomaior remata no 2011

infobloque-vilaboa.com | 15/12/09 | (0)

Ornela Fdez. Salgado anunciou hoxe que ven de remitir un escrito á deputada no Congreso do BNG Olaia Fdez. Davila para que se dirixa o Ministerio de Medio Ambiente Rural e Mariño, co fin de que este se pronuncie sobre a renovación da concesión que acualmente ten o Concello de Vilaboa no dominio público marítimo-terrestre do recheo de Riomaior.

A concesión sobre os terreos do recheo de Riomaior (C-1594) tiña un periodo de validez de 30 anos e remate o 14 de abril de 2011. Actualmente está destinada a zona de equipamentos nos que hai un colexio público, diversas instalacións deportivas, zonas de espazos libres e zonas verdes. Salgado destacou a importancia de que a concesión se renove en condicións similares ás actuais, e que non se lle apliquen máis restriccións das estrictamente necesarias dado a importancia do enclave para o lecer dos nosos veciños e veciñas.

comenta esta noticia
 

Nome
Correo-e
Comentario

Debes cumprimetar tódolos campos. O correo electónico non se mostrará. O BNG de Vilaboa non se fai responsable do contido dos comentarios. Non se publicarán os comentarios ofensivos ou que sexan sospeitosos de non respetar a legalidade vixente.

 

Recebe no teu correo-e as novidades da Web

correo-e

Tamén podes receber gratuitamente as novidades no teu móbil enviando unha mensaxe coa palabra ALTA ao 650784558. (coste da mensaxe, según tarefas operadores). Para darte de baixa no servizo envía unha mensaxe coa palabra BAIXA.

Privacidade: O tratamento dos datos persoais está axustado á normativa establecida na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal (BOE 14/12/1999), e normativa de desenvolvemento.

AXENDA

 

AVANCE PXOM VILABOA

NOTICIAS RELACIONADAS

Inicio | Nós| Escríbenos| © BNG Vilaboa 2007-2009. Autorízase a reproducción dos artigos (excepto os de opinión) sempre que se cite a fonte.