Edita: Consello Local BNG de Vilaboa
INFORMACIÓN MUNICIPAL
Voceiro Dixital do Bloque Nacionalista Galego de Vilaboa

AGARDA UNHA MOBILIZACIÓN HISTÓRICA
Salgado chama a manifestarse o vindeiro luns contra a política "lingüicida" de Feijóo

infobloque-vilaboa.com | 14/05/10 | (0)

A voceira municipal do BNG, Ornela Fernández Salgado, animou hoxe a todos os veciños e veciñas de Vilaboa a acudir o vindeiro luns á manifestación convocada en Compostela pola Plataforma Queremos Galego, contra a política de arrinconamento que está a levar a cabo o goberno que preside Feijóo contra a lingua galega. Lamentou que pese a que nengunha institución oficial galega apoia o seu "decretazo", teimen e levalo adiante co único obxectivo de agradar aos poderes fácticos madrileños. "O informe do Consello Consultivo ven a por de manifesto que agás o PP e o colectivo próximo Galicia Bilingüe, ninguén apoia esta política de arrinconamento do idioma propio" afirmou Salgado.

“Como non hai peor cego, nin peor xordo que o que non quere ver nin oir, é necesaria unha grande mobilización da cidadanía para que lles quede claro que esa maioría silenciosa á cal pretenden representar non existe. A que existe é a que demanda unha e outra vez dende todos os ámbitos a reitarada do actual borrador do decreto", sinalou Salgado.

Por todo iso recordou a importancia de estar o vindeiro luns ás 12 da mañá na alameda compostelá para facerlle ver ao goberno Feijóo o clamor social contra a política lingüicida do seu goberno, e demandar a dimisión do Conselleiro de Educación Jesús Vazquez e mailo Secretario de Política Linguística Anxo Lorenzo.

comenta esta noticia
 
Nome
Correo-e
Comentario

Debes cumprimetar tódolos campos. O correo electónico non se mostrará. O BNG de Vilaboa non se fai responsable do contido dos comentarios. Non se publicarán os comentarios ofensivos ou que sexan sospeitosos de non respetar a legalidade vixente.

 

Recebe no teu correo-e as novidades da Web

correo-e

Tamén podes receber gratuitamente as novidades no teu móbil enviando unha mensaxe coa palabra ALTA ao 650784558. (coste da mensaxe, según tarefas operadores). Para darte de baixa no servizo envía unha mensaxe coa palabra BAIXA.

Privacidade: O tratamento dos datos persoais está axustado á normativa establecida na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal (BOE 14/12/1999), e normativa de desenvolvemento.

AXENDA

 

NOTICIAS RELACIONADAS

Inicio | Nós| Escríbenos| © BNG Vilaboa 2007-2009. Autorízase a reproducción dos artigos (excepto os de opinión) sempre que se cite a fonte.