voltar á páxina principal

Mocións presentadas polo BNGDocumentos elaborados polo BNGDescarga de arquivosConvocatoria de subvencións, axudas,...Entra a formar parte da militancia do BNG de Vilaboa


Se ves a páxina con erros usa o navegador Firefox

 

Recebe no teu correo-e as novidades da política municipal de Vilaboa

correo-e

Tamén podes receber gratuitamente as novidades no teu móbil enviando unha mensaxe coa palabra ALTA ao 650784558. (coste da mensaxe, según tarefas operadores). Para darte de baixa no servizo envía unha mensaxe coa palabra BAIXA.

Privacidade: O tratamento dos datos persoais está axustado á normativa establecida na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal (BOE 14/12/1999), e normativa de desenvolvemento.

 

 

 

O GOBERNO DO PSOE ESCUSA A SÚA DEIXADEZ NA TRAMITACIÓN DO PXOM EN QUE ESTE NON FOI APROBADO NO 2002 E QUE CAMBIARON ALGUNHAS NORMAS URBANÍSTICAS

Salgado a Poceiro: " Levabades no programa electoral aprobar o PXOM no primeiro ano da lexislatura"

 

(infobloque-vilaboa.com 28/11/08) A voceira nacionalista Ornela F. Salgado criticou de xeito contundente o pasado mércores no debate do ponto da orde do día referido ao PXOM no pleno ordinario do mes de novembro que dende o ano 2003 o documento apenas avanzara na súa tramitación e que o goberno municipal traballa cuns prazos de aprobación no horizonte do 2012, "algo que faría que Vilaboa entrara no libro Guinness dos records no que se refire ao tempo de tramitación dun plan xeral", afirmou.

Reiterou Salgado os inconvintes que supoñen que o planeamento urbanístico non estea actualizado tanto aos particulares á hora de construir vivendas como aos que queren instalar un negocio no noso concello. Recordoulle ao goberno que no mes de xaneiro deste ano o BNG a instancias do grupo de goberno presentou as súas propostas e aportacións e ata o momento non se sabe se as tiveron en conta ou non. Así mesmo dirixiouse ao grupo do goberno co obxectivo de saber cales son os seus criterios urbanísticos, xa que de momento non os fixeron públicos.

Na réplica o grupo socialista da man do concelleiro Barcala, escusou a parálise da tramitación do documento urbanístico remontándose á lexislatura na que Xabier Míguez era alcalde, e na que non foi posible a súa aprobación por falla material de tempo. Dende o 2003 ata hoxe xustificaron que o documento estivera no caixón, a que a lexislación variou e que o goberno municipal estivo en minoría. Luis Poceiro engadiu, incurrindo por descoñecemento ou para intentar xustificar a súa mínima capacidade xestora, nun grave erro ao afirmar que Vilaboa non era un caso illado, xa que na actualidade "solo catro concellos galegos tiñan o plan xeral aprobado", cando en realidade os concellos galegos con planeamento actualizado son preto dos trinta.

PROMESA ELEITORAL E GOBERNO EN MINORÍA

Salgado respondeu ao equipo de goberno, que a pesar de que eran conscientes dos cambios na normativa urbanística, a aprobación do PXOM no primeiro ano da presente lexislatura foi incluido no seu programa electoral, algo que o concelleiro Poza intentou negar. Pola súa banda Míguez considerou como unha broma o argumento socialista que o consideraba culpable da parálise do documente nos últimos cinco anos por non telo aprobado na lexislatura que era alcalde. Acusou ao goberno municipal de intentar enganar aos veciños presentándose como víctima por estar en minoría, cando en realidade son eles os que rexeitan unha e outra vez as ofertas de pacto de goberno estable que lle foron ofrecidas tanto polo PP como polo BNG.

Imprimir   Recoméndalle esta noticia a un amigo

comentarios recibidos (1)

1. Enviado por: Tigana, 2008-11-28 07:32:59 PST

 Ou sexa, que segundo entendo eu, para este goberno que temos, con que exista un só concello que ainda non teña o plan xeral aprobado xá é a escusa perfecta para non telo. Vaia, que para eles iso de "mal de muitos consolo de tontos" é unha bicoca. Pois estamos apañandos!!!
E que non hai xeito de espabilalos dalgunha maneira?
Cada vez gostame mais esa idea (oida por ahí) de "incentivar" o bo traballo dos funcionarios.....pero no senso contrario, ou sexa que habería que "castigar" dalgún xeito (por exemplo monetariamente que iso sempre doe moito) ós que, como os que temos no concello, non só non fan nada a dereitas, senón que o poco que fan o fan mal, tarde e arrastro. (Outro galo nos cantaria)

 

comenta esta noticia

Nome
Correo-e
Comentario

Debes cumprimetar tódolos campos. O correo electónico non se mostrará. O BNG de Vilaboa non se fai responsable do contido dos comentarios. Non se publicarán os comentarios ofensivos ou que sexan sospeitosos de non respetar a legalidade vixente.

 


 

© BNG Vilaboa 2007-2008| Inicio | Nós| Escríbenos