voltar á páxina principal

Mocións presentadas polo BNGDocumentos elaborados polo BNGDescarga de arquivosConvocatoria de subvencións, axudas,...Entra a formar parte da militancia do BNG de Vilaboa


Se ves a páxina con erros usa o navegador Firefox

 

Recebe no teu correo-e as novidades da política municipal de Vilaboa

correo-e

Tamén podes receber gratuitamente as novidades no teu móbil enviando unha mensaxe coa palabra ALTA ao 650784558. (coste da mensaxe, según tarefas operadores). Para darte de baixa no servizo envía unha mensaxe coa palabra BAIXA.

Privacidade: O tratamento dos datos persoais está axustado á normativa establecida na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal (BOE 14/12/1999), e normativa de desenvolvemento.

 

 

 

O DOCUMENTO DE AVALIACIÓN AMBIENTAL ESTRATÉXICA INCIDE NAS PROPOSTAS DO BNG LOCAL

O BNG apoia que se planifiquen vivendas colectivas en Vilaboa

Ornela F. Salgado afirma que "a Consellería de Medio Ambiente fai a mesma recomendación que propuxera o BNG de Vilaboa"

(infobloque-vilaboa.com 08/11/08) O documento de Avaliación Ambiental Estratéxica remitido pola Consellería de Medio Ambiente ao Concello de Vilaboa incide na consideración da vivenda colectiva como a máis adecuada desde o punto de vista ambiental para a programación de novos desenvolvementos urbanísticos no noso concello. No documento dise literalmente que "a tipoloxía de edificación unifamiliar leva asociados per se uns custes ambientais e sociais elevados en relación coa tipoloxía colectiva".

O BNG fixo chegar no mes de xaneiro, dentro do prazo no que se lle solicitaron, os criterios que se debían ter en conta no novo PXOM. "Propuxemos que se programe edificación colectiva nos núcleos urbanos de Cobres, Paredes e Toural -dixo Ornela F. Salgado-. E que se corrixisen os múltiples erros detectados nos núcleos rurais". A nosa portavoz indicou que o BNG está á espera de que se lle dea unha resposta ás súas propostas e demandou do grupo de goberno "que faga públicas as súas ideas para Vilaboa porque nós polo menos descoñecémolas".

A entender do BNG, a tramitación do PXOM de Vilaboa demostra a parálise de xestión que afecta ao noso concello. "Vilaboa está a bater o récord de anos de tramitación do PXOM. Non creo que haxa outro concello que fixese a exposición inicial no ano 2002 e que aínda hoxe non teña o PXOM en vigor" -afirmou Ornela F. Salgado. "O peor disto -dixo a continuación- é que hai persoas que teñen aprazada a decisión sobre a construción da súa vivenda en espera de ter unha nova norma".

Segundo adiantou a nosa portavoz, o BNG vai presentar unha iniciativa no Pleno de novembro para saber a resposta ás súas propostas sobre a vivenda colectiva e os núcleos rurais e coñecer as previsións que manexa o grupo de goberno municipal. No programa electoral do Psoe aparecía que "ían aprobar o PXOM no primeiro ano deste mandato e xa imos camiño do segundo, sen que se saiba nada do tema", dixo Salgado.

Imprimir   Recoméndalle esta noticia a un amigo

NOTICIAS RELACIONADAS

(25/04/08) Vilaboa está fóra do plan da Xunta de parques empresariais

(21/04/08) O BNG estima que os veciños de Vilaboa perderán 1.350.000 euros en expropiacións do AVE por non ter o novo PXOM

comentarios recibidos (7)

1. Enviado por: David, 2008-11-09 02:21:07 PST

 Hola
A verdade e que este tema e moi interesante, Eu levo mais de 4 anos esperando pa poder facer unha casa en Postemiron, por sorte na miña familia temos algunhas leiras, no nucleo de Postemiron, e coma min varios veciños, os cales estan desexosos de facer unha casa, pero nada case non hai onde poder facer unha obra, esto e indignante.

O que parece e que queren que vaimos a vivir pa Pontevedra, e que merquemos pisos, pa facer mais ricos os grandes constructores que inflan os prezos das vivendas.

Eu so espero queentre todas as forzas politicas, xa que esto beneficia a todas as persoas, que se poña xa dunha vez un Plan de urvanismo decente e loxico, e non o que temos ahora, que no caso de Postemiron e un verdadeiro desastre xa que case non se pode construir en ningunha parte.

Sau2 www.postemiron.es

 

comenta esta noticia

Nome
Correo-e
Comentario

Debes cumprimetar tódolos campos. O correo electónico non se mostrará. O BNG de Vilaboa non se fai responsable do contido dos comentarios. Non se publicarán os comentarios ofensivos ou que sexan sospeitosos de non respetar a legalidade vixente.

 


 

© BNG Vilaboa 2007-2008| Inicio | Nós| Escríbenos