Recebe no teu correo-e as novidades da política municipal de Vilaboa
Tamén podes receber gratuitamente as novidades no teu móbil enviando unha mensaxe coa palabra ALTA ao 650784558. (coste da mensaxe, según tarefas operadores). Para darte de baixa no servizo envía unha mensaxe coa palabra BAIXA.
Privacidade: O tratamento dos datos persoais está axustado á normativa estabelecida na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal (BOE 14/12/1999), e normativa de desenvolvemento.
Vilaboa está fóra do plan da Xunta de parques empresariais
(infobloque-vilaboa.com 25/04/08) A falta de planificación municipal está a condenar a Vilaboa ao inmobilismo e a deixar pasar as oportunidades que se lle presentan para ter o solo industrial. Estar sen PXOM despois do quinto ano de goberno do PSOE impediu que a Xunta de Galiza incluíse a Vilaboa no plan Galiza Suma que planificou parques empresariais noutro concellos próximos como Pontevedra, Poio ou Mos. E todo isto a pesar da privilexiada situación xeográfica do noso concello.
O BNG está moi interesado en coñecer que ideas ten o PSOE sobre o PXOM. Depois de cinco anos de goberno seguimos sen coñecelas. As nosas foron presentadas nas xuntanzas e por escrito cando se nos solicitaron por escrito.
Sobre a zona industrial de Bértola e Figueirido, o único que sabemos, xoven e fogoso Poza, é o que dixeron os concelleiros "que era unha proposta do equipo redactor que non era asumida polo goberno" e dixérono en repetidas ocasións. Díxérono Poceiro, Barcala e o concelleiro non electo, o combativo Ricardo Acuña. Aclárense vostedes, fagan unha proposta, sexan capaces de mantela e pídannos opinión, esta é a secuencia de actuación seria e responsable propia dun goberno que goberna e non dun goberno que fai oposición da oposición.
En Paredes, o alcalde confunde solo urbano e solo urbanizable. Vaiche boa! Nós desbotamos a proposta do equipo de goberno do solo urbanizable da Veiga da Pía. Haberá que facer outra proposta ou esquecerse dela. Outra cousa é que Paredes sexa en parte solo urbano, que obxectivamente o é porque o propio documento do PXOM o di aínda que non o reflicte na planimetría, e non solo de núcleo rural. Isto permitiría a edificación en altura en Paredes como aconsella o sentido común e a evolución natural do noso urbanismo.
O que si sabemos é que a estratexia do PSOE é a moi coñecida de botarlle a culpa aos outros, neste caso ao BNG como xa vén sendo norma nos últimos anos, propia de políticos mediocres que non saben ou non queren asumir as súas responsabilidades. Por favor! Pero se nós non gobernamos! O único que podemos facer en Vilaboa é plantexar os temas e dar a nosa opinión para tentar que se avance naquelas cuestións que consideramos capitais para o noso concello. Agora colocamos o PXOM no foco do debate, como ten que ser, naturalmente. Levamos un lustro con vostedes gobernando e non avanzou nada a tramitación do PXOM! Gobernen, pedímosllo por favor!