voltar á páxina principal

Mocións presentadas polo BNGDocumentos elaborados polo BNGDescarga de arquivosConvocatoria de subvencións, axudas,...Entra a formar parte da militancia do BNG de Vilaboa


Se ves a páxina con erros usa o navegador Firefox

 

Recebe no teu correo-e as novidades da política municipal de Vilaboa

correo-e

Tamén podes receber gratuitamente as novidades no teu móbil enviando unha mensaxe coa palabra ALTA ao 650784558. (coste da mensaxe, según tarefas operadores). Para darte de baixa no servizo envía unha mensaxe coa palabra BAIXA.

Privacidade: O tratamento dos datos persoais está axustado á normativa establecida na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal (BOE 14/12/1999), e normativa de desenvolvemento.

 

 

 

ESTE TIPO DE CONTRATOS TEÑEN UNHA DURACIÓN MÁXIMA DE CATRO ANOS

O goberno do Psoe deixou pasar o prazo legal para aprobar o PXOM local

(infobloque-vilaboa.com 22/11/08) O pleno deste mes de novembro inclúe na súa orde do día, entre outros puntos, a modificación do contrato de redacción do Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Vilaboa. Segundo as previsións que a Consellería de Política Territorial e de Ordenación Pública marca para as fases de desenvolvemento do PXOM, este non estará aprobado de forma definitiva ata o ano 2012.

O Informe de Secretaría alerta de que este tipo de contrato ten un prazo máximo de catro anos e Vilaboa xa leva máis de 8 anos con el asinado, co que se demostra a falta de xestión urbanística por parte do alcalde Luís Poceiro e o seu grupo municipal.

O PXOM de Vilaboa leva paralizado máis de cinco anos, concretamente desde o ano 2003, ano no que entraron a gobernar os socialistas. O PXOM fora contratado por Xabier Míguez, cando este era alcalde, no ano 2000 e sendo exposto inicialmente ao público no ano 2002, desde aquela os trámites están paralizados. “O caso do concello de Vilaboa é algo inédito porque leva máis de 8 anos para aprobar o PXOM sen haber ningún avance”, afirma Ornela F. Salgado.

Hai que recordar que o PSOE levaba entre as súas promesas electorais aprobar o PXOM no primeiro ano de mandato, e que segundo estas previsións nin tan siquera será para esta lexislatura. “É evidente a falta de capacidade e de xestión para levar adiante a tramitación do proxecto por parte do grupo de goberno”, dixo Ornela F. Salgado. “O máis preocupante é que son moitas as graves repercusións que este retraso está supoñendo para os veciños e veciñas do noso concello e para o desenvolvemento de Vilaboa”, rematou a nosa voceira.

Imprimir   Recoméndalle esta noticia a un amigo

NOTICIAS RELACIONADAS

(01/05/08) O PSOE admite que non revisou o informe de avaliación medioambiental do novo PXOM de Vilaboa

comentarios recibidos (2)

2. Enviado por: xolopa, 2008-11-23 12:36:28 PST

Isto e impresetable;Acantidade de veciños que estan esperando para facer a sua vivenda nonlles importa nada,os cales teran que marcharse de vilaboa a comprar un piso ai parroquias que coa autopista,o ave,a N 550,a Brilat,tedidos de alta tensión,proxima A 57,non teñen onde facer nada
Parece co PSOE nonlle importa que baixe censo,ou que empresas como queixo de Oscos teña que marcharse po Campiño.
Grazas a vos podemos queixarnos

1. Enviado por: carolo, 2008-11-23 03:19:55 PST

Os do PSOE a rañala no concello e a chupar cartos pero por culpa deles os demais veciños estamos perdendo moitos cartos.

comenta esta noticia

Nome
Correo-e
Comentario

Debes cumprimetar tódolos campos. O correo electónico non se mostrará. O BNG de Vilaboa non se fai responsable do contido dos comentarios. Non se publicarán os comentarios ofensivos ou que sexan sospeitosos de non respetar a legalidade vixente.

 


 

© BNG Vilaboa 2007-2008| Inicio | Nós| Escríbenos