voltar á páxina principal

Mocións presentadas polo BNGDocumentos elaborados polo BNGDescarga de arquivosConvocatoria de subvencións, axudas,...Entra a formar parte da militancia do BNG de Vilaboa


Se ves a páxina con erros usa o navegador Firefox

Recebe no teu correo-e as novidades da política municipal de Vilaboa

correo-e

Tamén podes receber gratuitamente as novidades no teu móbil enviando unha mensaxe coa palabra ALTA ao 650784558. (coste da mensaxe, según tarefas operadores). Para darte de baixa no servizo envía unha mensaxe coa palabra BAIXA.

 

Privacidade: O tratamento dos datos persoais está axustado á normativa estabelecida na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal (BOE 14/12/1999), e normativa de desenvolvemento.

 

O BNG estima que os veciños de Vilaboa perderan 1.350.000 euros en expropiacións do AVE por non ter o novo PXOM

(infobloque-vilaboa.com 21/04/08) O BNG calcula que os veciños de Vilaboa deixarán de percibir 1345600 euros por non ter aprobadas as ampliacións de solo de núcleo rural que o PXOM contempla. Segundo as previsións do BNG, de ter aprobado o documento, expropiaríanse 23200 m2 máis de núcleo rural que se valora a 72 euros m2 fronte aos 14 euros do solo rústico, común ou protexido.

Os lugares que están afectados por esta deficiente clasificación urbanística sitúanse en toda a traza do AVE e son Paredes, O Carballal (que hoxe nin sequera existe como núcleo no planeamento), Borrateiros, Canabal, Balteiro e A Ramalleira.

Os devanditos prezos son os ofertados polo ministerio de Fomento no proceso expropiatorio de mutuo acordo. Posiblemente se verán incrementados para aqueles veciños que decidan ir ao xustiprezo.

O PXOM de Vilaboa está paralizado desde o ano 2003, ano desde que goberna o PSOE. O PXOM fora contratado polo nacionalista Xabier Míguez, sendo exposto inicialmente ao público. Recibiu máis de 900 alegacións e desde aquela durme placidamente nun caixón. O alcalde Luís Poceiro demostrou sobradamente a súa incapacidade para facer avanzar a tramitación e isto neste ano 2008 cústalle caro aos veciños e veciñas de Vilaboa pois perden case un millón e medio de euros en valoración dos terreos nesta expropiación.

O BNG xa tiña advertido ao alcalde de que a falta de tramitación do documento ía causar graves prexuízos aos veciños. De feito, primeiro paralizáronse as segregacións de parcelas e agora sófrese esta minusvaloración nos terreos.

Tamén debemos lembrar que o PSOE comprometeuse nas pasadas eleccións a aprobar o PXOM no primeiro ano deste mandato. Falta apenas un mes e ninguén sabe nada do PXOM.

comenta esta noticia

Nome
Correo-e
Comentario

Debes cumprimetar tódolos campos. O correo electónico non se mostrará. O BNG de Vilaboa non se fai responsable do contido dos comentarios. Non se publicarán os comentarios ofensivos ou que sexan sospeitosos de non respetar a legalidade vixente.

 


 

© BNG Vilaboa 2007-2008| Inicio | Nós| Escríbenos