PRIMEIROS MOVEMENTOS VECIÑAIS NA DEFENSA DOS NOSOS NÚCLEOS COSTEIROS
Os veciños afectados pola Lei de Costas en Vilaboa constituiranse en plataforma
O BNG organiza unha asemblea informativa o vindeiro sábado para abordar os efectos da Lei de Costas (24/11/09)

infobloque-vilaboa.com, 29/11/09. Os veciños e veciñas afectadas en maior ou menor grao pola aplicación da Lei de Costas ao planeamento urbanístico de Vilaboa, en fase de modificación nestes momentos, constituiranse en plataforma de afectados para facer valer os seus dereitos ante as administracións. Na asemblea organizada polo BNG na tarde de onte en Riomaior, púxose de manifesto a falla de información entre os veciños e a grande preocupaciòn que teñen en canto a inseguridade xurídica na que quedarán as súas vivendas e propiedades.
O acto que no que interviron por parte do BNG os concelleiros Xabier Míguez , Cándido Rosendo e a voceira municipal Ornela Fdez. Salgado, fíxose unha exposición detallada dos informes, tanto da Xunta como do Goberno do Estado, que requiren que o proxecto do planeamento recorte os núcleos tradicionais do noso concello posibilitando que vivendas construidas no seu tempo dentro do marco legal vixente, agora poidan quedar fóra.
Despois de repasar o litoral costeiro de Vilaboa mediante unha videoproxección na que se poido comprobar que a ampliación da liña de protección de costa aos 100 m deixaría moitas vivendas nunha delicada situación, abriuse un amplo turno de intervencións por parte do público asistente e no que se chegou a conclusión de que a mellor maneira defender os nosos núcleos, é a presión veciñal, tal e como fixeron noutros concellos veciños.
Ante a dúbida dos afectados de como constituiren o colectivo de afectados, a voceira nacionalista comprometeuse con eles a reunir ás asociacións veciñais das parroquias afectadas, para a partir de ahí crear un grupo de presión á marxe dos partidos políticos. Salgado recordoulle aos asistentes que o BNG como tal xa está preparando unha iniciativa para levar ao Congreso dos Deputados para que o goberno do Estado recoñeza os núcleos rurais tradicionais de Galicia como urbanos a efectos de afección na Lei de Costas, algo tan sinxelo, pero que eliminaría de raíz este problema en Vilaboa.

comentarios recibidos (1)
1. Enviado por: David, 2009-11-21 13:16:07 PST
Ola.
Paréceme una moi boa iniciativa, pero que vai pasar cos núcleos rurais que non están afectados por costas, e que a Xunta tamén pretende recortar, xa que polo que lin nos medios e nesta web, no Informe sobre o Novo PXOM a Xunta quere recortar a superficie edificable considerablemente.
Non seria mellor facer unha plataforma cidadán que recollese as dúas situacións, os núcleos costeiros afectados por cosas e os núcleos rurais que non poden medrar, o número de afectados seria maior e poderíase facer mías presión social que beneficiaria a todos os afectados.
Un Saúdo
www.postemiron.es/web |
comenta esta noticia

       |
|
AXENDA |
MOCIÓN
AVANCE PXOM VILABOA
NOTICIAS RELACIONADAS
|