Edita: Consello Local BNG de Vilaboa
 
INFORMACIÓN MUNICIPAL
Voceiro Dixital do Bloque Nacionalista Galego de Vilaboa

OS REQUERIMENTOS DO INFORME PREVIO DA DIRECCIÓN XERAL DE COSTAS DEIXARÍAN DUCIAS DE VIVENDAS CONSTRUÍDAS NOS ÚLTIMOS CORENTA ANOS FÓRA DE ORDENACIÓN
Ornela Fdez. Salgado insta ao goberno municipal a defender a legalidade dos núcleos costeiros

Os informes sectoriais fan inviable o novo PXOM de Vilaboa (24/10/09)

infobloque-vilaboa.com, 04/11/09. A voceira nacionalista, Ornela Fdez. Salgado declarou hoxe en rolda de prensa que o  informe emitido polo Ministerio de Medio Ambiente, Rural e Mariño do goberno central  pretende borrar dun plumazo o urbanismo que se veu desenrolando nos últimos corenta anos no noso concello atendendo aos planeamentos vixentes daquela. O informe previo rexeita a liña de delimitación de protección marítimo terrestre de 20 metros nos núcleos costeiros habitados, tal e como reflexa o borrador do PXOM remitido á Xunta de Galicia, impoñendo como norma xeral para toda a fachada marítima do Vilaboa os 100 metros de afección.

Salgado remarcou que o asentamento que se levou a cabo nos últimos corenta anos fíxose atendendo á legalidade vixente, sen que as administracións competentes puxesen impedimento algún. “A aplicación das novas normas non poden deixar  na alegalidade máis absoluta a  quen no seu tempo actuou comforme á lei. Estamos falando de varias ducias e ducias de vivendas … e varios núcleos habitados e consolidados condeados ao estinguimento ”. Tamén advertiu Salgado que aplicación da norma xeral de Costas impedirá calquera nova obra ou reforma importante na franxa afectada, únicamente se poderán facer pequenas obras de conservación e mantemente como pintura, cambio de ventas, tellas, etc.

Salgado considerou necesaria e imprescindible a actuación dende varios ámbitos. O goberno municipal ten que utilizar todos os resortes dos que dispón sen descartar a acción xudicial para preservar os nosos núcleos costeiros e os dereitos adquiridos polos veciños e veciñas de Vilaboa,   polo que o BNG levará  ao vindeiro pleno municipal unha proposta nese senso. Por outra banda considerou que paralelamente se debe exercer a presión social, tal e como ten acontecido e localidades veciñas.  “A sociedade ten que organizarse e movilizarse en defensa dos seus intereses particulares e comúns”, aseverou a voceira nacionalista.

O BNG de Vilaboa tal e como anunciou días atrás vai celebrar unha xuntanza informativa o vindeiro sábado 28 de novembro na Casa de Cultura de Riomaior co obxectivo de atender as demandas veciñais e artellar unha estratexia unitaria que dea solución a este importante problema que vai suponer no caso de imporse os requerimentos do goberno central unha hipoteca para o futuro de Vilaboa.

  

comentarios recibidos (4)

4. Enviado por: Paco Jones, 2009-11-16 11:12:00 PST

Asi se fala PAPILUCHO. Todo de acordo menos o do pisito en Arcade, (prefiro "vijo"), (cuestión de "justos")
Pero despois a xustiprecio, que non me fio deses tipos.

3. Enviado por: Roxo, 2009-11-08 01:37:49 PST

o que ten unha veigha ,quere  ter un solar !  INSOSTIBLE !

2. Enviado por: Papichulo, 2009-11-06 04:01:58 PST

Eu propoño unha moción na que se esixa ao goberno de Madríd que expropie o Concello completo. Total para o que vai quedar, unha autopista, unha liña de ave e outra de tren, duas estradas nacionais, liña de costa, zonas de reserva forestal, agrícola...Pois que nos expropien e que nos poñan un pisito en Arcade, e ala, todos urbanitas...

1. Enviado por: Vilaboes, 2009-11-05 01:25:34 PST

E que máis da

comenta esta noticia

Nome
Correo-e
Comentario

Debes cumprimetar tódolos campos. O correo electónico non se mostrará. O BNG de Vilaboa non se fai responsable do contido dos comentarios. Non se publicarán os comentarios ofensivos ou que sexan sospeitosos de non respetar a legalidade vixente.

 

Recebe no teu correo-e as novidades da Web

correo-e

Tamén podes receber gratuitamente as novidades no teu móbil enviando unha mensaxe coa palabra ALTA ao 650784558. (coste da mensaxe, según tarefas operadores). Para darte de baixa no servizo envía unha mensaxe coa palabra BAIXA.

Privacidade: O tratamento dos datos persoais está axustado á normativa establecida na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal (BOE 14/12/1999), e normativa de desenvolvemento.

AXENDA

 

AVANCE PXOM VILABOA

NOTICIAS RELACIONADAS

Inicio | Nós| Escríbenos| © BNG Vilaboa 2007-2009. Autorízase a reproducción dos artigos (excepto os de opinión) sempre que se cite a fonte.