CALIFICARON DE “OPORTUNISTA” A ALERTA DO BNG SOBRE OS INFORMES ADVERSOS DE COSTAS MENTRES ASUMÍAN O SEU CONTIDO
Salgado: "A inmobilidade do PSOE no urbanismo durante anos agravou a situación dos núcleos costeiros"
Ornela Fdez. Salgado insta ao goberno municipal a defender a legalidade dos núcleos costeiros (04/11/09)

infobloque-vilaboa.com, 20/11/09. A sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia ditada esta semana na que se empraza á Xunta a executar o derribo da vivenda da ex-conselleira e veciña de Sta. Cristina de Cobres, Carmen Gallego, pon de manifesto segundo a voceira nacionalista Ornela Fdez. Salgado, o perigo de inseguridade xurídica na que quedarán non menos dun cento de casas ao longo do litoral do concello de Vilaboa.
A voceira nacionalista respondeu hoxe ás declaracións feitas días atrás polo goberno municipald de Vilaboa na que calificaban de "oportunistas" ao BNG por alertar aos veciños e veciñas das graves consecuencias que traerá a aplicación dos requirimentos, tanto da Xunta de Galiza como dos Ministerios de Fomento e Medio Ambiente. "A parálise no eido da planificación urbanística do PSOE durante os últimos seis anos, nos que o proxecto do PXOM repousou no caixón dalgún despoacho do goberno municipal, fixo que a situación dos núcleos costeiros de Vilaboa non mellorase co recoñecemento do seu carácter tradicional senón que empeorou porque os procementos administrativos e xudiciais non se paralizaron".
Segundo Salgado, Vilaboa non pode permitir que os asetamentos tradicionais se vexan afectados por Costas e debe loitar para que se recoñeza a legalidade do urbanismo feito nos últmos corenta anos, e sempre respetando a normas e leis vixentes. "Vilaboa conta cun planeamento vixente aprobado no ano 1988, aprobado con anterioridade a Lei de Costas do Estado, no que as zonas nas que se atopan estas vivendas están en núcleo rural. O problema da lei estatal de Costas é que non é capaz de recoñecer e asimilar o asentamento poboacional sobre o territorio de Galicia que se viu realizando nos últimos séculos, e por tanto en Vilaboa. O que Costas considera núcleo urbán, e por tanto si edificable, ven a corresponder coa nosa tipoloxía de núcleo rural, non recoñecida pola lei estatal. Mostra disto é que por exemplo, tanto a igrexa coma o cimeteio de San Adrián, foron construídos á beira do mar, porque alí é onde se asentron os primeiros habitantes dende sempre. Pretenderá Costas declaraloa alegais?", ironizou Salgado.
No informe previo á aprobación inicial do PXOM remitido pola Consellería de Medio Ambiente semanas atrás non acepta a redución da afección da Lei de Costas en Pousada, Curra, Ubeiras, Muiño, Riomaior, Barciela e Paredes e considera que debe declararse como Solo Rústico de Protección de Infraestructuras os terreos das áreas de expansión dos núcleos rurais incluídos dentro da liña límite da edificación de estradas e ferrocarrís, afectando a unha cantidade importante de núcleos do noso concello. Tamén considera excesivas as zonas de expansión dos núcleos rurais da Cardiña, Pazos, Pousada, Curra, Postemirón, Vilar, Riomaior, Curra, Ubeiras, Outeiro, Areeiros, Seixas, Rotea, Barciela, Muiño, Coruxeiro, Carballeira, Outeiros, Mangüeiro, Balteiro, Borrateios e Pazos.
Para o BNG é necesario e imprescindible a actuación dende varios ámbitos. O goberno municipal ten que utilizar todos os resortes dos que dispón sen descartar a acción xudicial para preservar os nosos núcleos, entre eles os costeiros, e os dereitos adquiridos polos veciños e veciñas de Vilaboa, polo que o BNG levará ao vindeiro pleno municipal unha proposta nese senso. Por outra banda considera que paralelamente se debe exercer a presión social, tal e como ten acontecido en localidades veciñas. "É urxente a mobilización veciñal en defensa dos asentamentos tradicionais de Vilaboa mediante a constitución de plataformas de afectados e na que deben implicarse tanto entidades sociais como colectivos veciñais" afirma Ornela Fdez.. Salgado.
Por último, Fernández Salgado insta ao PP e ao BNG no Estado a que acepten o solo de núcleo rural como unha tipoloxía de núcleo urbano no que as determinacións da Lei de Costas estatal se reducen de 100 metros a 20 metros da liña de dominio público. Neste senso, o BNG de Vilaboa vai trasladar de novo ao Grupo Parlamentario do BNG en Madrid unha iniciativa neste sentido.

comentarios recibidos (1)
5. Enviado por: Lombo, 2009-11-22 21:48:13 PST
Está claro que mellor oportunidade non houbo para poñer o tema sobre a mesa. Veredes como o alcalde agora vai ser o primeiro en rexeitar o informe de Costas. Coma sempre, non hai nada mellor ca ter criterio: "Se non lle gusta o que digo, tamén son capaz de defender o contrario". |
comenta esta noticia

       |
|
AXENDA |
AVANCE PXOM VILABOA
NOTICIAS RELACIONADAS
|