AS PARROQUIAS DE COBRES, AS DE MAIOR CRECEMENTO URBANÍSTICO, AS MÁIS PERXUDICADAS
O PXOM de Vilaboa deixa ducias de vivendas fóra de ordenación

Ornela Fernández Salgado propugna o recoñecemento dos núcleos actuais.
infobloque-vilaboa.com, 25/02/09. Ducias de vivendas con licenza urbanística concedidas ao amparo do planeamento urbanístico de 1988, en vigor, quedarán fora de ordenación co novo Planeamento Urbanístico deseñado polo PSOE ao aumentar a parcela mínima para edificar de 300 a 600 metros cadrados. De sair adiante este planeamento nestas vivendas só se poderán realizar obras de conservación e mantemento, imposibilitando obras maiores como reformas e ampliacións.
O goberno socialista de Vilaboa, que tomou como referencia para a delimitación dos núcleos o voo americano realizado nos anos cincuenta, pretende eliminar o urbanismo que se consolidou nos últimos cincuenta anos. Para o BNG o criterio debe partir do recoñecemento dos núcleos actuais tal e como están conformados neste momento. "Pódese mellorar o urbanismo de Vilaboa, pero partindo do momento actual, non dun pasado que xa queda moi afastado", dixo Fernández Salgado.
Por outra banda, o BNG tamén considera negativo que non se contemple o núcleo urbano de Riomaior tal como se propuxera por parte da nosa forza política, porque pensamos que son viábeis as actividades comerciais nese núcleo en resposta a demanda social existente. De feito no documento detéctase a consolidación urbana de Riomaior, pero non se lle dá resposta, deixándoo tal e como está na actualidade. "Riomaior debe ser o núcleo terciario das parroquias de Cobres xerando espazos públicos para equipamentos como o novo consultorio médico, tan demandado polos veciños e veciñas, e iso non está no PXOM", dixo Fernández Salgado.
A voceira nacionalista considera frustante a proposta do Psoe de Vilaboa por inmobilista e perxudicial para os intereses dos veciños e veciñas do noso concello.

comentarios recibidos (5)
5. Enviado por: Anónimo, 2009-03-06 10:52:46 PST
Teño unha parcela e quedame dentro do solo urbanizable delimitado. Esta marcado cunha R ¿que significa? ¿cantos metros necesito pra construir unha casa nesa parcela? Grazas
|
4. Enviado por:Tomás Boullosa, 2009-02-27 14:49:30 PST
Sei que sempre se pode facer máis, daquela volveremos a presentar para o seu debate no vindeiro pleno a mesma moción que presentei o verano pasado e que pode ver nesta mesma páxina co titulo "Moción sobre as pistas de Bértola e Figueirido",non nos meta a todos no mesmo saco. |
3. Enviado por: salseiros, 2009-02-27 04:45:51 PST
Simplemente quero deixar constancia dun tema que non ten que ver co tratado no artigo:
Vergoña lle deberia dar a corporación de Vilaboa protestar pola reforma da nacional que pasa por Vilaboa, e mostrar a súa indiganción polo fatidico atropelo acontecido hai escasos dias, e permitir que en certos tramos da provincial por bértola e Figueirido non deixen literalmente nin 1 cm para o pasoi dos veciños...a solución do concello e de Louzan debe ser que os veciños se metan nas presas de auga con botas de goma para poder pasar...porque outra posibilidade e imposible...Vergoñento, non hai mais que decir que iso.
Moitas Grazas.Un saudo. |
2. Enviado por: nos ingual, 2009-02-26 06:23:50 PST
Se a casa nos queda ilegal faremos o mesmo que o conselleiro socialista pachi Vazques, facer obras de reforma sin licencia. non hay problema |
1. Enviado por: David, 2009-02-25 17:42:18 PST
Ola.
En Postemirón quedamos coma estabamos, seguimos case sen poder facer nada, non deixan medrar o pobo.
Hai como mínimo 8 parellas de mozos que teñen que buscar a vivenda fora do seu pobo natal.
Os Políticos tedes a responsabilidade de cambiar isto para que poidamos facer una casa na nosa terra.
Chao
Www.postemiron.es |
comenta esta noticia

       |
|
AXENDA |
AVANCE PXOM VILABOA
NOTICIAS RELACIONADAS
|