voltar á páxina principal

Mocións presentadas polo BNGDocumentos elaborados polo BNGDescarga de arquivosConvocatoria de subvencións, axudas,...Entra a formar parte da militancia do BNG de VilaboaOpina con nós

Infraestucturas

Equipamentos e servizos

Urbanismo

Medio ambiente

Desenvolvemento local e promoción do emprego

Turismo

Cultura e deporte

Educación

Sanidade

Benestar e igualdade

Xuventude

Novas tecnoloxías

 

 

XUVENTUDE


Facilitar o uso dos locais municipais aos membros deste colectivo.

Apoio ás iniciativas de emprego e formación para a mocidade.

Impulso á construción de vivendas sociais que faciliten o acceso a este dereito a parellas novas.

Promover as actividades de ocio alternativo.

Mellorar a oferta de actividades para nenos no verán, en formato de escolas.

Posta en marcha dunha ludoteca de na que os nenos poidan levar a cabo actividades, cursos, apoio escolar, xogos, etc. Fomentarase deste xeito a conciliación da vida laboral e da vida familiar, e tamén a inserción da muller no mundo laboral.

Cambiar o horario da OMIX (Oficina Municipal de Información Xuvenil). Na actualidade o horario non é o adecuado porque ó ser pola mañá coincide con horario escolar e laboral e desta forma non pode ofrecer de maneira óptima os seus servizos. Por tanto o novo e adecuado horario debería de ser pola tarde e no verán polas mañás.

Achegamento e fomento da nosa cultura á infancia e xuventude, levando a cabo actividades, festivais e concursos, relacionados coa divulgación da cultura e lingua do noso país.

Coa colaboración da iniciativa “Quérote”, levar a cabo campañas relacionadas coa sexualidade nos colexios do concello.

Pór en marcha un Encontro da Mocidade do concello, onde se fagan actividades relacionadas coa xuventude como, por exemplo, hip-hop, manga, novas tecnoloxías, etc. Será un encontro para fomentar a relación entre os mozos do municipio e tamén intercultural.

 

 

 

 

 

 

 

© BNG Vilaboa 2007