Aprobación transparente e consensuada do Plan Xeral de Ordenación Municipal que permita o crecemento ordenado e o desenvolvemento económico do municipio.
Priorización cos axentes sociais das parroquias das actuacións preferentes na rede viaria municipal e da apertura de novas pistas.
Promover a concentración parcelaria das zonas que no Plan Xeral de Ordenación Municipal se clasifiquen como Solo Rústico.
Dotación de solo para vivenda protexida nos Solos Urbanizables na porcentaxe establecida pola Consellería de Vivenda.
Redución da afección das autoestrada, estradas nacionais e ferrocarril existentes e das novas infraestruturas.
Redución da afección de Costas a 20 metros nos núcleos clasificados no noso planeamento.
Defensa dos núcleos rurais establecidos no planeamento de Vilaboa diante de posibles reducións.
Programar actuacións de calidade urbana nos núcleos rurais coa renovación de pavimentos, mobilirio urbano, soterramento de liñas e iluminación ornamental, a fin de colaborar coas iniciativas turísticas privadas en funcionamento.
Promover unha actuación integral sobre o barrio da Cardiña, con especial atención aos cursos de auga, debido aos grandes danos dos asolagamentos.
Realización dun plan municipal de melloras das fachadas e de erradicación do feísmo urbanístico.
Dotación de Oficina Técnica de Urbanismo ao Concello de Vilaboa a tempo completo.
Dotación de acceso ao cemiterio de San Adrián desde Santradán.
Programa municipal de recuperación do patrimonio da arquitectura popular (fontes, lavadoiros, cruceiros, pontes, etc) como elementos para aumentar a cualidade dos contorno en que se integran.
Construción de beirarrúas nos lugares de maior tránsito peonil.