Formación de usuarios e usuarias para achegarlles as novas tecnoloxías, dirixidos especialmente aos sectores sociais que menos acceso teñen como mulleres e maiores.
Creación de aulas de informáticas e internet de acceso aberto todas as parroquias.
Instalación de redes inalámbricas públicas nos núcleos de poboación para o acceso gratuíto á internet a fin de facelo democrático e maioritario e que o prezo non sexa unha barreira infranqueable para ninguén.
Dotar ao Concello dunha páxina web que permita unha información útil e áxil a todos os veciños e veciñas e a realización de trámites administrativos a través dela coa implantación da sinatura electrónica.
Creación dun servizo de alertas a móbiles para avisos de interese xeral e para sectores sociais específicos (mocidade, muller, maiores, etc).
Conveniar cos propietarios e propietarias de establecementos de hostelería a ubicación de puntos de acceso a internet nos barrios onde non exista un local municipal.