voltar á páxina principal

Mocións presentadas polo BNGDocumentos elaborados polo BNGDescarga de arquivosConvocatoria de subvencións, axudas,...Entra a formar parte da militancia do BNG de VilaboaOpina con nós

Infraestucturas

Equipamentos e servizos

Urbanismo

Medio ambiente

Desenvolvemento local e promoción do emprego

Turismo

Cultura e deporte

Educación

Sanidade

Benestar e igualdade

Xuventude

Novas tecnoloxías

 

 

EQUIPAMENTOS E SERVIZOS

Participación do Concello de Vilaboa nos servizos comarcais de Bombeiros, Parque de Maquinaria, Transporte, Depuración de Augas Residuais, Turismo e Desenvolvemento Local, polo seu marcado carácter supramunicipal.

Inclusión de Vilaboa nas redes comarcais de abastecemento de auga, como cuestión estratéxica para o progreso urbano e económico do municipio.

Dotación a Postemirón de novos depósitos e do caudal de auga necesario para as necesidades do barrio, derivándoa das captacións do Cuartel de Figueirido.

Priorizar a restauración das fontes tradicionais das parroquias, controlando a súa potabilidade.

Xestionar a clasificación de transporte urbano para o servizo de autobuses con Pontevedra e mellorar as comunicacións deste transporte con Vigo.

Ampliación da rede de alumeado público e posta en marcha dun programa real de aforro enerxético.

Instalación de paneis solares termicos ou fotovoltaicos nos edificios municipais.

Renovación de marquesinas do transporte escolar e público.

Racionalización dos parques infantís e substitución dos xogos non adaptados á normativa.

Creación de varios equipos operativos de operarios municipais que realicen o mantemento dos edificios e equipamentos municipais e do sistema viario e parques públicos.

Potenciación do servizo de Protección Civil cos medios materiais necesarios e un sistema de compensación polos servizos prestados.

 

 

 

 

 

 

 

© BNG Vilaboa 2007