Posta en marcha dun programa municipal de compostaxe, sexa a nivel comarcal ou local.
Participar na iniciativa comarcal da Planta de Biomasa que valorice os restos vexetais.
Construción do punto limpo en Vilaboa que evite a proliferación de vertedoiros incontrolados.
Mellora do sistema de recollida selectiva de lixo, ampliándoo a residuos valiosos como o aceite de uso doméstico.
Realización dos colectores primarios de saneamento de Santradán, Ubeiras, Curra, Costal e Paradellas.
Ampliación dos colectores secundarios e terciarios de saneamento. Progresiva incorporación de todas as vivendas á rede municipal de saneamento.
Instalación sistemas de retencion nos colectores do lixo que eviten a invasión das vías públicas.
Promover a recuperación dos areais do noso litoral que amplien e melloren as nosas zonas de baño.
Actuacións na fachada costeira do Lugar de Interese Comunitario da Enseada de San Simón que permitan un maior uso social: Atravesada, Carballal, Pousada, Riomaior, O Cabalo, Deilán, Acuña e Paredes.
Converter o vaso das Salinas nunha piscina natural co persoal de salvamento adecuado e medios materiais necesarios para habilitala como lugar de baño homologado. Recuperación do patrimonio arquitectónico das Casas Vellas.
Protección da zona costeira, zonas forestais e zonas húmidas de interese ecolóxico.
Construción dunha área-mirador nas inmediacións de Pedra Miranda.
Participación municipal na creación de rotas de sendeirismo que percorran os lugares de maior interese natural das nosas parroquias como o río Maior, o río Trasmil, Salinas, Lago de Castiñeiras e Camiño Portugués.
Mellorar o mantemento dos parques públicos, especialmente nas épocas en que a climatoloxía invita ao seu uso e disfrute.
Recuperar a Comisión de Montes no concello para a intermediación e resolución amistosa de conflitos.
Colaboración coas comunidades de montes na aprobación dos planos de ordenación dos montes.
En colaboración coas comunidades de Montes, potenciar o voluntariado para que leven a cabo labores de vixilancia nos montes municipais en época de risco de incendios.
Creación do voluntariado veciñal para levar a cabo a restauración dos montes queimados, coa plantación de 40.000 árbores novas a fin de que os comuneiros e comuneiras sintan o monte como propio.
Asinar un convenio coa Comunidade de Montes de Santa Cristina de Cobres para a creación do Bosque Atlántico do Cabalo con usos social, educativo e turístico, no emblemático monte que se interna nos terreos da Rede Natura 2000.
Creación da Sociedade Protectora de Animais e dun canil propio ou mancomundado.
Aplicación de medidas para fomentar a limpeza dos terreos privados de acordo coas directrices sobre prevención de incendios da Consellería de Medio Rural.
Recuperación ambiental dos nosos tres importantes ríos, coa restauración de muíños e a recreación didáctica da produción de pan. Eliminación da discriminación existente na recuperación do río Toxal.
Realizar actividades de educación ambiental dirixidas a toda a poboación, en especial as relacionadas co uso racional da enerxía.
Posta en funcionamento da Axenda 21, en cumprimento dos criterios de desenvolvemento sustentable.