infobloque-vilaboa.com

voltar á páxina principal

Mocións presentadas polo BNGDocumentos elaborados polo BNGDescarga de arquivosConvocatoria de subvencións, axudas,...Entra a formar parte da militancia do BNG de VilaboaOpina con nós

 

 

DESENVOLVEMENTO LOCAL E PROMOCIÓN DO EMPREGO


Desenvolvemento dos parques empresariais deseñados no Plan Xeral de Ordenación Municipal.

Posta en funcionamento de Obradoiros de Emprego, destinado a maiores de 25 anos con dificultades de inserción profesional.

Xestionar a contratación de desempregados a través de convenios do INEM coas corporacións locais e os programas operativos do Fondo Social Europeo (FSE).

Aumentar as bonificacións no Imposto de Bens Inmobles para vivendas protexidas e locais adquiridos polos emprendedores.

Asesoramento e colaboración coas iniciativas creadoras de emprego no noso concello.

Promoción do viñedo e outros cultivos rendibles a través da xestión das axudas europeas. Introdución de Vilaboa na denominación “Viños da Terra” como paso previo á entrada na Denominación de Orixe “Rías Baixas”. Apoiar a instalación de adegas propias no noso concello. Potenciación e promoción dos nosos tintos.

Colaboración do Concello para a distribución dos nosos produtos do campo.

Creación da feira de San Martiño para a promoción da nosa produción agrícola.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

© BNG Vilaboa 2007