voltar á páxina principal

Mocións presentadas polo BNGDocumentos elaborados polo BNGDescarga de arquivosConvocatoria de subvencións, axudas,...Entra a formar parte da militancia do BNG de Vilaboa

Infraestucturas

Equipamentos e servizos

Urbanismo

Medio ambiente

Desenvolvemento local e promoción do emprego

Turismo

Cultura e deporte

Educación

Sanidade

Benestar e igualdade

Xuventude

Novas tecnoloxías

 

 

INFRAESTRUCTURAS

Reforma da N-554 en función das nosas necesidades. Dotación de servizos en todos os núcleos de poboación. Instalación de saneamento, canalización eléctrica subterránea, beirarrúas e iluminación apropiada.

Esixir unha solución ao cruce do Empalme que evite a perigosidade e as retencións.

Promover o traspaso da N-554 á Xunta de Galicia.

Apertura de acceso e saída coa cidade de Vigo na autoestrada AP-9 en Barbeita.

Negociar e reivindicar a eliminación da peaxe con Pontevedra no acceso de Barbeita.

Defender con determinación e firmeza os intereses veciñais de Vilaboa no proceso de redacción do proxecto e construción da A-57 que afecta ás nosas parroquias de Bértola e Figueirido.

Apoio aos afectados pola construción do AVE ao longo de todo o proceso.

Control e vixilancia municipal das obras do AVE esixindo en todo o momento o estrito cumprimento das medidas correctoras formuladas na Avaliación de Impacto Ambiental.

Avaliación municipal previa ao inicio das obras do AVE das casas, naves e outras construcións, traídas de augas e pozos particulares.

Asesoramento municipal aos expropiados polas obras de do N-554 e AVE a fin de axustar a valoración dos terreos ao valor real do mercado.

Uso social e público dos terreos expropiados e non necesarios para a obra do AVE para a dotación de equipamentos públicos como parques e aparcamentos.

Promover a ubicación no noso litoral de estructuras flotantes que permitan o cumprimento da lexislación de atraques por parte dos usuarios e usuarias, nomeadamente apoiar a iniciativa veciñal existente en San Adrián.

Dotación de beirarrúas na estrada provincial Figueirido-Bértola.

Dotación de beirarrúas na N-550 nos núcleos onde non existan, nomeadamente urxentes no caso de Balteiro, Ramalleira e Paredes-Arcade.

Xestionar a inclusión de Vilaboa no Partido Xudicial de Pontevedra que facilite o exercicio deste dereito aos veciños e veciñas.

 

 

 

 

© BNG Vilaboa 2007