Programación definida desde a nosa realidade lingüística e cultural.
Fomentar a participación directa da sociedade, tanto na xestión das infraestruturas existentes como na programación cultural a través do asociacionismo.
Apoio ás asociacións parroquiais para incrementar a súa oferta cultural.
Creación do Consello Municipal da Cultura.
Dotación ao Toural dun espazo para xuntanzas, punto de lectura e novas tecnoloxías.
Restauración da Rectoral de Santa Cristina para uso público.
Acondicionamento do entorno da Casa de Cultura de Figueirido.
Remate do Local Social de Paredes e humanización do seu entorno.
Dotación de equipamento aos Locais Social de Bértola e Postemirón.
Apoio as asociacións parroquiais para incrementar a súa oferta cultural.
Apoio á celebración das festas parroquiais, dinamizando a intervención directa dos veciños na organización e programación.
Derivación das festas tradicionais como Reis, Entroido, etc, ás parroquias.
Diversificación de actividades relacionadas coa festa do Entroido de Cobres para atraer un maior número de visitantes.
Achegamento da música, do teatro e do cine ás parroquias aproveitando , en particular, as festas locais.
Colaboración cos clubes deportivos para a mellora das instalacións existentes.
Implicación do Concello de Vilaboa na consecución de campos de fútbol de herba sintética para o concello.
Potenciación da actividade nos clubes deportivos a través das Escolas Deportivas Municipais.
Promover a autoorganización a través dunha asociación de ámbito municipal dos afeccionados e afeccionadas a camiñar como hábito saudable e de relación social.