Creación dun Centro de Día onde as persoas maiores ou dependentes poidan ter os coidados necesarios.
Creación dun servizo de transporte adecuado para permitir o traslado de persoas en situación de dependencia.
Oferta de cursos, actividades e talleres dirixidos ás persoas da terceira idade, tanto de entretemento, de aprendizaxe como de estimulación sensorial e da memoria.
Aumentar a oferta de cursos que fomenten a interculturalidade. Vilaboa ten a peculiaridade de que conta con un gran número de inmigrantes, e por tanto é interesante e necesario facer cursos mixtos, nos que participen tanto os inmigrantes como as persoas do municipio, para así establecer unha relación non discriminatoria.
Potenciar da oficina do CIM (Centro de Información á Muller), onde as mulleres do concello poidan acudir para solicitar información e asesoramento laboral, de formación e xudicial.
Levar a cabo campañas e actividades nas escolas para fomentar a igualdade entre ambos sexos.
Oferta de cursos (Plan FIP, SGI, etc) para dotar de formación ás mulleres do concello de cara á súa inserción laboral. Estableceranse convenios coas empresas do concello para que unha vez feitos os cursos fagan prácticas nelas.