voltar á páxina principal

Mocións presentadas polo BNGDocumentos elaborados polo BNGDescarga de arquivosConvocatoria de subvencións, axudas,...Entra a formar parte da militancia do BNG de Vilaboa


Se ves a páxina con erros usa o navegador Firefox

 

Recebe no teu correo-e as novidades da política municipal de Vilaboa

correo-e

Tamén podes receber gratuitamente as novidades no teu móbil enviando unha mensaxe coa palabra ALTA ao 650784558. (coste da mensaxe, según tarefas operadores). Para darte de baixa no servizo envía unha mensaxe coa palabra BAIXA.

Privacidade: O tratamento dos datos persoais está axustado á normativa establecida na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal (BOE 14/12/1999), e normativa de desenvolvemento.

 

 

 

O PRAZO PARA FACER ALEGACIÓNS REMATA O 6 DE NOVEMBRO

O BNG de Vilaboa pon a disposición dos veciños o proxecto de reforma da N-554

(infobloque-vilaboa.com 30/10/08) Co obxecto de achegar aos veciños afectados pola reforma da estrada N-554 toda a información relativa ao reformado do proxecto aproveitando as novas tecnoloxías o BNG mostra nesta web os planos que nos foron achegados dende o equipo de goberno.

Como é sabido, a N-554 é a estrada que vertebra grande parte do territorio do Concello de Vilaboa, en concreto as parroquias de Vilaboa, Santa Cristina e San Adrián. É o único acceso a moitos núcleos de poboación destas tres parroquias e, polo tanto, vial fundamental nos tránsitos locais e supralocais para os veciños e veciñas do noso concello.

Ornela Fernández, portavoz do BNG, explicou que “o BNG rexeitou a anterior reforma do ano 2006 por non garantir a mobilidade local, usar unha planimetria obsoleta e, realizar en base a esta, unhas expropiacións innecesarias”. Aquela reforma pretendía converter a N-554 nunha vía de alta capacidade que absorbese tránsitos entre Vigo e Pontevedra en detrimento da mobilidade local que se vía gravemente pexada. Ornela Fernández afirmou que “os veciños e veciñas entenderon os argumentos do BNG e rexeitaron maioritariamente aquela reforma”.

Recentemente, en resposta á parlamentaria do BNG, Olaia Fernández, o Ministerio de Fomento afirmou que prevía a construción dunha estrada “coas características do resto da rede de estradas nacionais”, o que non parece que sexa unha premisa válida para unha estrada fortemente urbanizada.

No Pleno de onte do concello, aprobouse por unanimidade unha moción do BNG para solicitar á Xunta de Galiza que demande do Ministerio de Fomento a transferencia da titularidade da estrada.

Neste momentos, o BNG está a estudar os planos da estrada para facer as alegacións pertinentes en base a estes criterios e trata de fomentar a participación social co apoio das novas tecnoloxías para incorporar as achegas que se lle queiran facer.

O proxecto que foi entregado ao goberno municipal o pasado xoves 23 de outubro terá un prazo para recoller alegacións de 15 días. Os usuarios poden facernos chegar as súas opinións respecto do proxecto ou facer calqueira consulta mediante o noso correo electrónico.

Imprimir   Recoméndalle esta noticia a un amigo

(NOVO) PLANOS DO PROXECTO SOBRE FOTO AEREA CEDIDOS POLA PLATAFORMA VECIÑAL

PROXECTO DE REFORMA DA N-554 EN FORMATO PDF

NOTICIAS RELACIONADAS

(29/09/08) Cándido Rosendo pide que o Plan Director de Estradas recolla a transferencia da estrada N-554 á Xunta de Galiza

comentarios recibidos (7)

7. Enviado por: Estelb, 2008-11-09 15:30:25 PST

Gracias. O novo enlace coas imaxes axuda a entender moito máis o trazado!

6. Enviado por: Pepiño, 2008-11-07 03:09:52 PST

 Canso de enfrentamentos políticos que se asemellan máis ben a pelexas de patio de colexio cá unha política decente e acorde as funcións que debe ter un político (o fin e o cabo calquera que sexa o partido do poder sempre hai que repocharlle, xa que é lei de todo ser humano: criticar o do veciño e non fixarse no dun), plantexo unha cuestión de interese local para o axuntamento de Vilaboa e que considero dunha gravedade sin límite. Por suposto o que vou a comentar é unha simple exposición de caracter subxectivo, aínda así, retovos a publicalo na vosa páxina web para que os veciños de vilaboa fagan os seus comentarios:

"Como todos sabedes, fai poucos días foi publicado o tan ansiado proxecto modificado da N-554.Según as forzas políticas e as diversas asociacións integradas na plataforma veciñal neste proxecto cumplense o 70% das alegacións feitas ó proxecto inicial.Pero según me está chegando os meus oídos estes días, non todos os veciños están de acordo coas novas modificacións levadas a cabo, xa que polo visto hai concretamente dous tramos en todo o traxecto que foron modificados de forma radical, o que aumenta esaxeradamente as expropiacións das propiedades afectadas por os cambios neses traxectos. Simultaneamente a esta información me entero que estas modificacións son fruto de alegacións de veciños perxudicados en primeira instancia e que gracias a toqueteos políticos( o que vulgarmente poderiamos chamar cacicada) tanto a través do partido o que pertencen estes primeiros afectados como dunha plataforma que se proclama defensora dos veciños(cando se realizan reunións clandestinas chamando de casa en casa o que lles interesa, e cando se beneficia concretamente a uns veciños a costa de perxudicar a outros). Analizando todo isto e a deus dando gracias de que ningunha das miñas propiedades se ve afectada por este proxecto (xa que non só quedaria sin terreos e sin cartos->porque sabe deus cantos anos tardarán en cobrar, sinon que seguramente se vería seriamente perxudicada a miña saúde física e mental), e reiterando desde un primer momento o caracter subxectivo desta exposición, plantexo as seguintes cuestións:

-¿Donde queda a moralidade dos políticos que unha e outra vez fan cacicadas coma as que opino se dan neste caso?

-¿Cal sería o límite donde non ten cabida unha cacidada deste tipo?

-¿Que opinión se crea no seu partido con respecto a este tema?

-¿Como se xustifica que a plataforma veciñal diga que agora so se van facer alegacións a nivel xeral (como dixo a súa principal dirixente na prensa) cando no seu momento se fixeron alegacións particulares a través desta?

-¿Como xustifican as reunións clandestinas desta plataforma cando se supón que o motivo principal da súa creación e a defensa de todos e cada un dos veciños de vilaboa?


   O meu entender e enterandome destas cousas non é posible que as persoas honradas formen parte de ningunha forza política, é ahí a base para xustificar a miña ausencia en calquera partido político, polo tanto deberían ustedes suxerir afiliacións doutra maneria: "Si te consideras un cacique, si venderias a tua propia nai por interese propio o teu é a politica.Afiliate".

 Agradecendolles e recoñecendo gratamente a posibilidade que me ofrecen de dirixirme a vostedes, novamente os reto a que publiquen na súa páxina estes humildes comentarios.

Un saúdo

5. Enviado por: San Adrián, 2008-11-04 06:19:44 PST

Este proxecto que acaba de enviar Fomento non ten nin pes nin cabaza, xa que a carretera, sobre todo en San Adrián tera aceras a ambolos dous lados da calzada, sen que dispoña de arcen para aparcar, sobre todo se vas a comprar a floristeria, a peluquiria ,etc. Non sei se teñen pensado que vamos a deixalo coche na calzada.
Outra cousa que no anterior proxecto estaba ben era a subida a Pazos, no cal quedaba unha glorieta para poder sair hacia Pontevedra e outra para entrar se viñas de Vigo e na actualidade. Eu non teño nada para poder entrar e sair.

4. Enviado por: Cachamuiña, 2008-10-30 15:31:20 PDT

noraboa ó administrador. a paxina está sempre á que salta.

3. Enviado por: Administrador, 2008-10-30 05:25:43 PDT

Efectivamente Rigoberto o enalce estaba mal, pero xa foi correxido. Grazas por avisar.

2. Enviado por: Cristino, 2008-10-30 05:05:49 PDT

Isto deberia estar colgado na páxina Web do concello de Vilaboa, esa que pagamos cos nosos impostos, gracias ao BNG polo voso traballo.

1. Enviado por: Rigoberto, 2008-10-30 04:58:44 PDT

O enlace está mal posto, é a pregunta para o congreso sobre o muro das salinas.

comenta esta noticia

Nome
Correo-e
Comentario

Debes cumprimetar tódolos campos. O correo electónico non se mostrará. O BNG de Vilaboa non se fai responsable do contido dos comentarios. Non se publicarán os comentarios ofensivos ou que sexan sospeitosos de non respetar a legalidade vixente.

 


 

© BNG Vilaboa 2007-2008| Inicio | Nós| Escríbenos