voltar á páxina principal

Mocións presentadas polo BNGDocumentos elaborados polo BNGDescarga de arquivosConvocatoria de subvencións, axudas,...Entra a formar parte da militancia do BNG de Vilaboa


Se ves a páxina con erros usa o navegador Firefox

 

Recebe no teu correo-e as novidades da política municipal de Vilaboa

correo-e

Tamén podes receber gratuitamente as novidades no teu móbil enviando unha mensaxe coa palabra ALTA ao 650784558. (coste da mensaxe, según tarefas operadores). Para darte de baixa no servizo envía unha mensaxe coa palabra BAIXA.

Privacidade: O tratamento dos datos persoais está axustado á normativa establecida na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal (BOE 14/12/1999), e normativa de desenvolvemento.

 

 

 

ESTÁ UBICADO NUNHA ZONA CUN ALTO VALOR ECOLÓXICO E PAISAXÍSTICO

O BNG propón a posta en valor do entorno do muiño da Antigüedade para os traballos do próximo obradoiro de emprego

(infobloque-vilaboa.com 02/12/08) O BNG fixo públicas as súas propostas para os traballos que terá que acometer o próximo obradoiro de emprego do Concello de Vilaboa. A voceira nacionalista destacou das propostas presentadas polo seu grupo municipal que teñen como obxectivo a posta en valor do numeroso patrimonio artístico e cultural do noso concello. As propostas son as seguintes:

1. Tratamento superficial e axardinamento do entorno do muíño de Antiguedade, na parroquia de Figueirido, así como o acondicionamento do primeiro tramo do roteiro “Chandovilar”, especialmente o comprendido entre o campo da festa e os depósitos da traída de augas.

2. Restauración e rehabilitación do muíño do río Toxal e da canle que leva auga ao muíño, así como a ponte da Ansuíña, situada á beira de dito muíño. Ter en conta a colocación de letreiros en madeira para recuperar a toponimia do lugar e o aproveitamento do muíño como aula didáctica e de natureza.

Esta segunda proposta foi feita polo colectivo Vaipolorío, polo que consideramos que se é incluída no Obradoiro de Emprego se tivera en conta a opinión da asociación para a elaboración do proxecto.

Imprimir   Recoméndalle esta noticia a un amigo

comentarios recibidos (1)

Enviado por: xata, 2008-12-03 12:17:23 PST

1.  Estes sitios merecen o seu arranxo sobre todo como respeto o que levan traballado Vai polo rio e Chandovilar por recuperalos. Boa proposta

comenta esta noticia

Nome
Correo-e
Comentario

Debes cumprimetar tódolos campos. O correo electónico non se mostrará. O BNG de Vilaboa non se fai responsable do contido dos comentarios. Non se publicarán os comentarios ofensivos ou que sexan sospeitosos de non respetar a legalidade vixente.

 


 

© BNG Vilaboa 2007-2008| Inicio | Nós| Escríbenos