Edita: Consello Local BNG de Vilaboa
INFORMACIÓN MUNICIPAL
Voceiro Dixital do Bloque Nacionalista Galego de Vilaboa

ESTE MES REMATA O PRAZO PARA A XESTIÓN DA BIOMASA FORESTAL
Salgado pregunta ao goberno local pola aplicación en Vilaboa da Lei de Prevención de Incendios Forestais

infobloque-vilaboa.com | 24/03/10 | (0)

O vindeiro día 31 de marzo remata o prazo para que, en caso de incumprimento por parte dos propietarios da obriga da xestión da biomasa nas súas propiedades, o Concello notifique de oficio ou a instancia de parte, ás persoas responsables a súa obriga da xestión da biomasa vexetal, advertíndolle da posibilidade de execución subsidiaria en caso de incumprimento e sen prexuízo da instrucción do procedemento sancionador que corresponda.

Esta obriga ven marcada pola Lei de Prevención e Defensa contra os incendios Forestais de Galicia aprobada pola Xunta de Galicia hai dous anos. A citada lei ten por obxecto defender os montes ou terreos forestais fronte aos incendios e protexer ás persoas e aos ben afectados polos mesmos, promovendo a adopción dunha política activa de prevención coordinada de tódalas administracións públicas de acordo coa lexislación galega en materia de emerxencias, baseada entre outras cousas en establecer as condicións para a protección dos asentamentos rurais respecto aos incendios forestais, no marco dunha política integral de desenrolo rural.

Dentro do capítulo 2, artigo 21, a lei obriga aos propietarios a xestionar a biomasa vexetal nunha franxa de 100 m arredor de calquera núcleo de poboación, edificación, urbanización, basureiro, cámpings, instalacións recreativas, obras, parques e instalacións industriais, ubicadas a menos de 400 metros do monte, de acordo cos criterios para a xestión de biomasa estipulados na presente Lei e na súa normativa de desenrolo. Ademais nos 50 metros desde o límite da propiedade non poderá haber especies como piñeiros, eucaliptos, fento, toxo, etc.

A voceira nacionalista Ornela Fdez. Salgado mostrouse hoxe preocupada polo manifesto incumprimento da lei por parte do goberno socialista de Vilaboa en anos anteriores, e espera que este ano si se fixera o traballo que lle corresponde. " A prevención hai que facela durante o inverno. Non se pode volver a repetir a xestión feita o ano pasado, a cal foi feita a última hora e ás portas do verán, enviando un bando ás casas pedindo que se desbrozaran as propiedades cando xa non se permitía a queima, e polo tanto provocar que a biomasa seca no monte se converta nun combustible extraordinario para o lume. O progresivo abandono da actividade forestal e agraria, e o clima que estamos a padecer, con chuvias e períodos de forte calor fan prever que este verán sexa extremadamente propicio a aparición de incendios forestais no noso concello, e o goberno municipal ten que facer que se aplique a Lei" declarou a voceira nacionalista.

Por todo isto, o BNG pesentará unha serie de preguntas para o pleno deste mes, nas que solicitará do goberno municipal información sobre a xestión que ven facendo en torno á aplicación da lei. Ten o goberno municipal identificados aos propietarios que integran a franxa de protección? Cantas hectáreas da franxa de protección foron desbrozadas? Cantos propietarios foron notificados?.

comenta esta noticia
 
Nome
Correo-e
Comentario

Debes cumprimetar tódolos campos. O correo electónico non se mostrará. O BNG de Vilaboa non se fai responsable do contido dos comentarios. Non se publicarán os comentarios ofensivos ou que sexan sospeitosos de non respetar a legalidade vixente.

 

Recebe no teu correo-e as novidades da Web

correo-e

Tamén podes receber gratuitamente as novidades no teu móbil enviando unha mensaxe coa palabra ALTA ao 650784558. (coste da mensaxe, según tarefas operadores). Para darte de baixa no servizo envía unha mensaxe coa palabra BAIXA.

Privacidade: O tratamento dos datos persoais está axustado á normativa establecida na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal (BOE 14/12/1999), e normativa de desenvolvemento.

NOTICIAS RELACIONADAS

 

Inicio | Nós| Escríbenos| © BNG Vilaboa 2007-2009. Autorízase a reproducción dos artigos (excepto os de opinión) sempre que se cite a fonte.