Edita: Consello Local BNG de Vilaboa
INFORMACIÓN MUNICIPAL
Voceiro Dixital do Bloque Nacionalista Galego de Vilaboa

SALGADO DENUNCIA QUE NON SE DESBROZOU "NIN UN FENTEIRO"
Vilaboa é un polvorín

infobloque-vilaboa.com | 23/06/10 | (3)

A poucas horas de que comece a época de alto risco en canto a incendios forestais, o goberno municipal de Vilaboa non fixo os deberes no referente á aplicación da Lei de Prevención e Defensa contra os incendios Forestais de Galicia aprobada pola Xunta de Galicia hai dous anos. A citada lei que ten por obxeto defender os montes ou terreos forestais fronte aos incendios e protexer ás persoas e aos ben afectados polos mesmos, promovendo a adopción dunha política activa de prevención coordinda de tódalas administracións públicas dacordo coa lexislación galega en materia de emerxencias, basada entre outras cousas en establecer as condicións para a protección dos asentamentos rurais respecto aos incendios forestais, no marco dunha política integral de desenrolo rural.

Segundo a lei, en caso de incumprimento por parte dos propietarios da obriga da xestión da biomasa nas súas propiedades, o Concello ten que notificar de oficio ou a instancia de parte, ás persoas responsables a súa obriga da xestión da biomasa vexetal, advertíndolle da posibilidade de execución subsidiaria en caso de incumprimento e sen prexuízo da instrucción do procedemento sancionador que corresponda. Por tanto, cando o propietario non actúa como é debido, o Concello ten a responsabilidade de que se aplique a lei.

O BNG xa leva advertindo desde marzo, mes no que rematou o prazo para notificar aos propietario a obriga de limpeza dos terros, esta situación sen que, por parte do goberno, se fixese nada. “No mes de marzo nós preguntamos ao goberno municipal sobre o cumprimento da lei e dixeron que estaban niso, pero o certo é que a día de hoxe o concello atópase cheo de maleza, cos viais municipais intransitables, e por tanto cun alto risco de incendios. O concello conta cun tractor desbrozador que segue sen ser utilizado, pero ao que a cada paso se leva ao taller. Este é un claro exemplo da falta de xestión do goberno municipal.”, declarou Fdez. Salgado.

Por todo isto, o BNG vai volver a preguntar no pleno deste mes polo grado de cumprimento da aplicación da lei en Vilaboa, e por cal é o programa e plan que o goberno municipal ten pensado para prevenir e reducir o risco de incendios.

comentarios

3. Enviado por: David , 2010-07-12 22:21:43 PDT

Ola.
Tamén algo de culpa terán os veciños que cada vez vaise menos o monte e están a maioría das fincas e matos abandonados.

Non quero con isto exculpar  a ninguen, so digo que non hai un único culpable. 

2. Enviado por: Moloco, 2010-06-24 15:20:55 PDT

O estado de abandono en que está o concello de Vilaboa pode producir unha catástrofe impredecible. Recémoslle a San Martiño para que chova!

1. Enviado por: Vagalume , 2010-06-24 13:50:26 PDT

  Tanto ten, despois votamos unhas bágoas de crocodilo polo TVG e o pobo dí "Que boiño é o alcalde". 

comenta esta noticia

Nome
Correo-e
Comentario

Debes cumprimetar tódolos campos. O correo electónico non se mostrará. O BNG de Vilaboa non se fai responsable do contido dos comentarios. Non se publicarán os comentarios ofensivos ou que sexan sospeitosos de non respetar a legalidade vixente.

 

Recebe no teu correo-e as novidades da Web

correo-e

Tamén podes receber gratuitamente as novidades no teu móbil enviando unha mensaxe coa palabra ALTA ao 650784558. (coste da mensaxe, según tarefas operadores). Para darte de baixa no servizo envía unha mensaxe coa palabra BAIXA.

Privacidade: O tratamento dos datos persoais está axustado á normativa establecida na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal (BOE 14/12/1999), e normativa de desenvolvemento.

NOTICIAS RELACIONADAS

 

Inicio | Nós| Escríbenos| © BNG Vilaboa 2007-2009. Autorízase a reproducción dos artigos (excepto os de opinión) sempre que se cite a fonte.