"A PREVENCIÓN HAI QUE FACELA NO INVERNO" DECLAROU HOXE FDEZ. SALGADO
Vilaboa entra na tempada de alto risco de incendios forestais cos deberes sen facer
infobloque-vilaboa.com, 30/06/09. A poucas horas de que comece a época de alto risco en canto a incendios forestais, o goberno municipal de Vilaboa non fixo os deberes no referente á aplicación da Lei de Prevención e Defensa contra os incendios Forestais de Galicia aprobada pola Xunta de Galicia hai dous anos. A citada lei que ten por obxeto defender os montes ou terreos forestais fronte aos incendios e protexer ás persoas e aos ben afectados polos mesmos, promovendo a adopción dunha política activa de prevención coordinda de tódalas administracións públicas dacordo coa lexislación galega en materia de emerxencias, basada entre outras cousas en establecer as condicións para a protección dos asentamentos rurais respecto aos incendios forestais, no marco dunha política integral de desenrolo rural.
Dentro do capítulo 2, artigo 21, a lei obriga aos propietaros a xestionar a biomasa vexetal nunha franxa de 100 m arredor de calqueira núcleo pobocional, edificación, urbanización, basureiro, cámpings, instalacións recreativas, obras, parques e instalaciòns industriais, ubicadas a menos de 400 metros dol monte, dacordo cos criterios para a xestión de biomasa estipulados na presente Lei e na súa normativa de desenrolo. Ademáis nos 50 metros desde o límite da propiedade no poderá haber especies sinaladas na disposición adicional terceira da presente lei, é decir, piñeiros, ecucaliptos, fento, toxo, etc.
En caso de incumprimento por parte dos propietarios da obriga da xestión da biomasa nas súas propiedades o Concello estará obrigado, tal e como sinala o artigo 22 da lei a notificar de oficio ou a instancia de parte, ás peroas responsables a súa obriga da xestión da biomasa vexetal, advertíndolle da posibilidade de execución subsidiaria en caso de incumprimento e sen perxuicio da instrucción do procedemento sancionador que corresponda. Esta labor é obrigatorio realizala antes do 31 de marzo, e o Concello dispón de 15 días unha vez finalizado o prazo para facer efectivas as oportunas notificacións.
A voceira nacionalista Ornela Fdez. Salgado mostrouse hoxe preocupada polo manifesto incumprimento da lei por parte do goberno socialista de Vilaboa. " A prevención hai que facela durante o inverno. O que non se pode facer é a última hora e ás portas do verán, enviar un bando ás casas pedindo que se desbrocen as propiedades cando xa non se permite a queima, e polo tanto provocar que a biomasa seca no monte se converta nun combustible extraordianario para o lume. O progresivo abandono da actividade forestal e agraria, e o clima que estamos a padecer, con chuvas e períodos de forte calor fan prever que este verán sexa extramadamente propicio a aparición de incendios forestais no noso concello, e o goberno muncipal non moveu un dedo para evitalo" declarou Salgado.
O BNG solicitará do goberno muncipal información sobre a xestión que ven facendo en torno á aplicación da lei. Ten o goberno municipal identificados aos propietarios que integran a franxa de protección? Cantas hectarias da franxa de protección foron desbrozadas, cantos propietarios foron notificados? Cantas hectareas foron desbrozadas polas brigadas municipais?

comenta esta noticia

       |
|
AXENDA |
|