voltar á páxina principal

Mocións presentadas polo BNGDocumentos elaborados polo BNGDescarga de arquivosConvocatoria de subvencións, axudas,...Entra a formar parte da militancia do BNG de Vilaboa


Se ves a páxina con erros usa o navegador Firefox

Recebe no teu correo-e as novidades da política municipal de Vilaboa

correo-e

Tamén podes receber gratuitamente as novidades no teu móbil enviando unha mensaxe coa palabra ALTA ao 650784558. (coste da mensaxe, según tarefas operadores). Para darte de baixa no servizo envía unha mensaxe coa palabra BAIXA.

 

Privacidade: O tratamento dos datos persoais está axustado á normativa estabelecida na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal (BOE 14/12/1999), e normativa de desenvolvemento.

 

 

O BNG non votou a favor da petición dun crédito extraordinario para unhas obras de asfaltado consensuadas entre o PP e o PSOE

O BNG vota en contra dos presupostos de 2008 por abondar no gasto corrente e ser cativos en inversións

(infobloque-vilaboa.com 29/05/08) O BNG de Vilaboa non votou a favor dos presupostos para o ano 2008 que apresentou o PSOE e que se debateron o mércores 28 no pleno ordinario do mes de maio.

A concelleira Ornela F. Salgado denunciou que estes presupostos apresentados por un goberno en minoría, sen negociar cos demais grupos políticos e cando xa transcorreu case medio ano, son uns presupostos que afundan no gasto ordinario e son tremendamente cativos en inversións e prestación de servizos aos veciños de Vilaboa.

O BNG denuncia destes presupostos o excesivo gasto de case 40 mil euros en comunicacións telefónicas, entre outras. Visto o que o goberno adica a gastos nestas partidas, o BNG demanda un plan de aforro enerxético urxente (un 40% cando menos) consecuente coa actual crise enerxética internacional. Por exemplo propón a substitución de todas as iluminarias convencionais que ainda estén en funcionamento por outras de baixo consumo, empezando polas do salón de plenos do concello. Cambio das caldeiras de calefacción si se detectasen mal funcionamento ou excesivo consumo.

Outra das grandes eivas destes presupostos ao entender de Ornela F. Salgado é o cativo investimento en servizos e infraestructuras. Pouco máis de 160 mil euros para novas infraestructuras, o que representan un raquítico 6 % do total do presuposto. Estes cartos distribuidos equitativamente entre parroquias daría unha iinversión de 32 mil euros en cada unha delas. Recordemos que o gastos en comunicacións telefónicas é de case 40 mil.

É gracioso, se non fose unha situación lamentable, comprobar que despois de sementar a discordia entre as parroquias do concello co asunto do campo de fútbol de herba sintética, ao final resulta que non aparace esta partida reflexada cando a instalación require dunha inversión de 90 mil euros.

As partidas destinadas a gastos sociais non alcanzan o mínimo esixido pola lei do 6%, e tampouco se especifica unha partida para a compra dos terreos necesarios para a construcción do demandado centro de atención médica de Cobres.

O PSOE incumple tamén un compromiso adquirido no debate de investidura do alcalde como era o incremento da partida destinada ao finanzamento dos grupos políticos, que son á fín, os garantes da democracia, e os representantes políticos dos veciños deste concello. Mentres esta partida segue na máis absoluta indixencia, as retribucións correspondentes ao alcalde reflexan unha suba de 4 mil euros anuais.

Os presupostos para o 2008 apresentados polo PSOE poñen de manifesto a falta de proxecto para Vilaboa. Confirman a Luis Poceiro e o PSOE como o "personal de mantemento e conservación" deste concello en vez dun alcalde e unha corporación que se convirtan nos motores da dinamización e do progreso de Vilaboa. O PSOE, con estes presupostos, dase por satisfeito con xogar na terceira rexional da xestión municipal, sabendo que non hai unha categoría inferior á que descender, pero segue ser esforzarse para intentar ascender a unha categoría superior.

Nestes primeiros presupostos da nova lexislatura pareceron esquecerse completamente do seu programa eleitoral, pois para os compromisos que adquiriron diante dos veciños o PSOE non destina nin un só euro. Citemos algúns; "gran paseo marítimo dende Paredes ata San Adrián de Cobres", " tanatorio municipal", "centro de día", " bilbioteca na zona centro do Concello", "creación dun servicio de transporte municipal", "construcción local social de Acuña", etc. Por suposto, que tamén no que ser refire a xestión coas diferentes administracións para lograr investimentos no concello, o equipo de goberno non cumpriu no que leva de ano ningún comprosmiso dos adquiridos no seu programa eleitoral; negociación do entronque da N-554 coa N-550, conexión hacia Vigo da AP-9 en Barbeita, darlle saída o PXOM, etc. Estes presupostos foron rexeitados polos votos en contra do PP e BNG.

O concelleiro Francisco T. Barcala, que foi que defendeu estes presupostos por parte do goberno municipal, gabouse de que son uns presupostos realistas, austeiros e sen necesidade de acudir a suba de impostos, cousa da que se mostrou especialmente orgulloso. Paradóxicamente no posterior apartado de mocións o PSOE apresentou unha na que pedían o voto favorable dos restantes partidos políticos para aprobar a suba das tasas municipais, segundo un documento que xa fora rexeitado nun pleno anterior por calificalas de desproporcionadas.

Por outra banda votou en contra dun crédito extraordinario para o asfaltdo de varias pistas por valor de 113 mil euros. Ditos camiños foron consensuados entre o PP e o PSOE.

Resumo do máis relevante dos presupostos

NOTICIAS RELACIONADAS

comenta esta noticia

Nome
Correo-e
Comentario

Debes cumprimetar tódolos campos. O correo electónico non se mostrará. O BNG de Vilaboa non se fai responsable do contido dos comentarios. Non se publicarán os comentarios ofensivos ou que sexan sospeitosos de non respetar a legalidade vixente.

 


 

© BNG Vilaboa 2007-2008| Inicio | Nós| Escríbenos