DEMANDA TAMÉN A INSTALACIÓN DE PAPELEIRAS
Salgado pede o adecentamento da praia de Deilán en Cobres

infobloque-vilaboa.com | 28/05/10 | (0) |
|
A voceira nacionalista, Ornela Fdez. Salgado, ven de denunciar hoxe que a Praia de Deilán, en Santa Cristina de Cobres, atópase sen acondicionar. “A piques de comezar a tempada de verán non se pode permitir que a praia principal do noso concello se atope na situación que está. Durante o verán son moitas as persoas que diariamente disfrutan deste lugar e o concello está na obriga de ofrecer unha praia coas mellores condicións posibles para o seu deleite, cousa que actualmente non é posible.”, declara Fdez. Salgado.
A voceira nacionalista afirmou que nestes días varios usuarios do areal protestaron pola situación na que se atopa e porque non hai suficientes colectores do lixo e ningunha papeleira. Tamén denuncia que o vial principal de acceso, desde o barrio de Barciela, e, tamén zona de aparcadoiro, está en moi mal estado debido a gran cantidade de baches, polo que solicita ao goberno municipal que o acondicione.
comenta esta noticia |
 |
|
NOTICIAS RELACIONADAS
|