voltar á páxina principal

Mocións presentadas polo BNGDocumentos elaborados polo BNGDescarga de arquivosConvocatoria de subvencións, axudas,...Entra a formar parte da militancia do BNG de VilaboaOpina con nós


Se ves a páxina con erros usa o navegador Firefox

 

Recebe no teu correo-e as novidades da política municipal de Vilaboa

correo-e

Tamén podes receber gratuitamente as novidades no teu móbil enviando unha mensaxe coa palabra ALTA ao 650784558. (coste da mensaxe, según tarefas operadores). Para darte de baixa no servizo envía unha mensaxe coa palabra BAIXA.

 

Privacidade: O tratamento dos datos persoais está axustado á normativa estabelecida na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal (BOE 14/12/1999), e normativa de desenvolvemento.

 

 

Xabier Míguez califica de "kafkiana" a actitude do goberno do Psoe respecto dos presupostos

O pleno de Vilaboa aproba mocións do BNG para demandar a Deputación a mellora dos viais de Bértola e Figueirido

(infobloque-vilaboa.com 28/06/08) As mocións presentadas polo BNG para demandar da Deputación provincial a mellora das estradas pertencentes a esta administración saíron adiante por unanimidade de tódolos partidos políticos. O nacionalista Tomás Boullosa demandou a construcción de beiravías que permitan unha mellor comunicación dos viandantes dos lugares de Borrateiros, Alcouce, Pazo, Bergunde, etc. Tamén se solicitou que a Deputación asuma a titularidade da estrada que une a N-550 coa lagoa de Castiñeiras, xa que na actualidade non pertence a nengunha administración o que facilita o seu abandono e deterioro.

Por outra banda o voceiro municipal do BNG Xabier Míguez, calificou de "kafkiana" a actitude do goberno municipal por presentar reiteradamente os orzamentos e a actualización das tasas sen negociar con ninguén, facendo anecdóticos trocos nas partidas sen que se mude a filosofía dos mesmos, xa que seguen sendo uns orzamentos cativos en inversións e excesivos nos gastos correntes. Adverteulle que se persisten na estratexia ridícula e esperpéntica de meter reiteradamente na orde do día estes pontos que xa foron debatidos en plenos anteriores o único que conseguerá é "dar cabezazos contra un muro esperando que rompa, aínda que o probable é que rompa a cabeza ou neste caso as dos veciños". Anteriormente xa a concelleira nacionalista Ornela F. Salgado anunciara o voto en contra unha vez que se valoraron como anecdóticois os trocos que fixo o Psoe nas contas públicas para este ano.

Os concelleiros do BNG tamén interpelaron ao goberno municipal por varios asuntos de interese para os veciños e veciñas de Vilaboa. Así a nacionalista Ornela F. Salgado reclamou o urxente desbroce dos parques de Riomaior e da Craveira en Sta Cristina de Cobres onde a herba ten máis dun metro de alto. Tomás Boullosa tamén demandou que o concella impida dalgún xeito que os vehículos circulen a altas velocidades na pista que sube ao xeriátrico de Figueirido. Pola súa banda Cándido Rosendo demandou a colocación dun espello na pista de saída ao barrio de Pazos.

NOTICIAS RELACIONADAS

(15/06/08) O BNG presenta mocións para que o Concello demande da Deputación o arranxo das pistas provinciais de Bértola e Figueirido.

(29/05/08) O BNG vota en contra dos presupostos de 2008 por abondar no gasto corrente e ser cativos en inversións.

Mocións presentadas polo BNG de Vilaboa

comenta esta noticia

Nome
Correo-e
Comentario

Debes cumprimetar tódolos campos. O correo electónico non se mostrará. O BNG de Vilaboa non se fai responsable do contido dos comentarios. Non se publicarán os comentarios ofensivos ou que sexan sospeitosos de non respetar a legalidade vixente.

 


 

© BNG Vilaboa 2007-2008| Inicio | Nós| Escríbenos